Home » coruna » Recent Articles:

Xiao Varela salienta que as medidas de eficiencia impulsadas polo goberno local permiten un aforro de ata 600.000 euros anuais no gasto enerxético do Concello

noviembre 10, 2018 coruna Comentarios desactivados en Xiao Varela salienta que as medidas de eficiencia impulsadas polo goberno local permiten un aforro de ata 600.000 euros anuais no gasto enerxético do Concello

As medidas postas en marcha polo Goberno local para a mellora da iluminación do espazo público e a xestión eléctrica supuxo un aforro de 600.000 euros nos últimos anos a pesar do aumento no prezo da enerxía. O concelleiro de Rexeneración Urbana e Dereito á Vivenda, Xiao Varela, considera que as medidas de optimización levadas a cabo “non só absorberon o impacto da escalada de prezos da enerxía na factura do Concello, que ascendeu por riba do 30%, senón que conseguiron reducir o gasto, nuns 600.000 euros, respecto a 2012, o ano que se comezou a realizar unha análise detallada da factura eléctrica”.

O Goberno local aplica criterios de sostibilidade nas instalacións eléctricas do espazo público, nas que se atende tamén á redución da contaminación lumínica, a eficiencia, a seguridade industrial ou o embelecemento urbano. Como consecuencia, produciuse unha diminución na potencia necesaria para o alumeado público (un 10% menos) así como no consumo (9,3% inferior respecto a 2012). “O responsable dende un punto de vista ambiental e de xestión do consumo é introducir medidas de optimización no alumeado público que nos permiten ter unha rede máis sostible e que precisa de menos enerxía para funcionar mellor”, indica Varela. Estes criterios concrétanse en actuacións sobre a tecnoloxía do sistema de alumeado, no que se acometeron obras para neutralizar o envellecemento da rede e rebaixar a antigüidade media da instalación dos 22,3 anos de 2012 ata os 16,2 que presenta en 2018. Todas as actuacións que supoñen investimento e conservación da rede conlevan un estudio técnico dende o punto de vista da eficiencia enerxética e, dende o pasado ano, tamén de contaminación lumínica, no que se ten en conta como afecta as fachadas dos edificios e ao ceo.

… Leer más

Coruñes de nacimiento, y amante de esta gran ciudad, trabajador en la industria del metal y fan de las nuevas tecnologías, gestiono webs y redes a nivel local, y pronto espero tirarme a proyectos a nivel internacional.

Puedes seguirme en las redes

 

O centro cívico de Monte Alto acolle este sábado, 10 de novembro, un encontro ‘Dillo ti’ entre o goberno local e a veciñanza

noviembre 9, 2018 coruna Comentarios desactivados en O centro cívico de Monte Alto acolle este sábado, 10 de novembro, un encontro ‘Dillo ti’ entre o goberno local e a veciñanza

O alcalde da Coruña, Xulio Ferreiro, e membros do executivo local participarán mañá, sábado 10, a partires das 12.00 horas, nunha nova xuntanzaDillo ti​, que terá lugar no centro cívico de Monte Alto. O encontro, no que pode participar toda a cidadanía, é un espazo aberto ao diálogo e á conversa entre a veciñanza e o seu goberno, de xeito directo e sen intermediación. Como é habitual, o encontro contará cun servizo de tradución á lingua de signos, así como un espazo de conciliación, que permite ás persoas con nenas ou nenos ao cargo asistir á cita, e que tamén está aberto á cidadanía. Así, todas e todos os menores da cidade que teñan interese en asistir a este obradoiro aberto poderán facelo ata completar o número de prazas dispoñibles. Para participar neste espazo mesmo non será necesario inscribirse, pero si acudir ao equipamento municipal no horario de celebración do ​Dillo ti –de 12.00 a 13.30 horas–.

Trátase da segunda ocasión que o ​Dillo ti se celebra no barrio de Monte Alto. Desde a súa implantación, no mes de xaneiro de 2016, a nova canle de participación cidadá aberta polo executivo municipal celebrou encontros nos Castros, Palavea, Os Mallos, Agra do Orzán, Novo Mesoiro, Monelos, Cidade Vella, Os Rosales, O Castrillón, Sagrada Familia, Pescaría, A Silva, Feáns, Adormideras, Labañou, Eirís, Santa Margarida, Elviña, Nostián, Zalaeta, San Pedro de Visma e O Birloque. ​Para máis información sobre estes encontros, pódese visitar a páxina webwww.coruna.gal/conversascoalcalde así como consultar os vídeo-resumos das anteriores sesións na canle oficial do Concello en Vimeo, ​www.vimeo.com/concellocoruna​.

Coruñes de nacimiento, y amante de esta gran ciudad, trabajador en la industria del metal y fan de las nuevas tecnologías, gestiono webs y redes a nivel local, y pronto espero tirarme a proyectos a nivel internacional.

Puedes seguirme en las redes

 

A Deputación da Coruña financia unha senda peonil e a ampliación dunha estrada en Bergondo

noviembre 9, 2018 coruna Comentarios desactivados en A Deputación da Coruña financia unha senda peonil e a ampliación dunha estrada en Bergondo

O deputado de Contratación e Patrimonio, Xesús Soto, e a alcaldesa de Bergondo, Alejandra Pérez, asinaron un convenio de colaboración para o financiamento da construción dunha senda peonil e a ampliación dunha estrada cun orzamento global que supera os 450.000 euros.

A Deputación da Coruña e o Concello de Bergondo comprométense na colaboración para o financiamento dunha senda peonil e a ampliación da estrada DP 0801 da Fraga ao Casal de Santa Marta de Babío, no termo municipal de Bergondo. O Concello encargarase da execución dos servizos afectados (saneamento) cun orzamento de 139.850 euros, mentres que a Deputación asumirá a execución dos traballos de mellora da estrada  cun investimento de 417.091,36 euros (dos que 318.332,61 corresponden ás obras e 98.758,75 € ás expropiacións). … Leer más

Coruñes de nacimiento, y amante de esta gran ciudad, trabajador en la industria del metal y fan de las nuevas tecnologías, gestiono webs y redes a nivel local, y pronto espero tirarme a proyectos a nivel internacional.

Puedes seguirme en las redes

 

A Deputación da Coruña quere actuar de maneira urxente no Pasatempo

noviembre 9, 2018 coruna Comentarios desactivados en A Deputación da Coruña quere actuar de maneira urxente no Pasatempo

A Deputación da Coruña solicitará á Dirección Xeral de Patrimonio da Xunta de Galicia que lle permita o uso inmediato dos fondos consignados para a rehabilitación do Pasatempo de Betanzos debido á urxencia de reparacións que poden conducir a un empeoramento da situación do parque.

O deputado de Plans, Turismo e Patrimonio, Xosé Regueira,  solicita á Dirección Xeral de Patrimonio que permita o a utilización inmediata do orzamento para solventar as urxencias do Pasatempo de Betanzos da dotación económica aprobada no pleno do mes de marzo pola que se destina 598.998,40 euros á rehabilitación do parque. … Leer más

Coruñes de nacimiento, y amante de esta gran ciudad, trabajador en la industria del metal y fan de las nuevas tecnologías, gestiono webs y redes a nivel local, y pronto espero tirarme a proyectos a nivel internacional.

Puedes seguirme en las redes

 

A Deputación entrega novos vehículos adaptados a Aspace, Agasdep e Amarai

noviembre 9, 2018 coruna Comentarios desactivados en A Deputación entrega novos vehículos adaptados a Aspace, Agasdep e Amarai

O presidente da Deputación da Coruña, Valentín González Formoso, e a deputada de Benestar Social, Ánxela Franco, entregaron tres novas furgonetas adaptadas para o transporte de persoas con discapacidade física ás entidades Aspace (Sada) , Agasdep (A Coruña) e Amarai (Arzúa).

González Formoso destacou que os vehículos, con capacidade para nove persoas e dotados plataforma lateral eléctrica que os fai completamente accesibles para persoas con problemas de mobilidade ou en cadeira de rodas, “contribuirán a facilitar a gran labor social que desenvolven estas asociacións”, facilitando os desprazamento diario dos usuarios. … Leer más

Coruñes de nacimiento, y amante de esta gran ciudad, trabajador en la industria del metal y fan de las nuevas tecnologías, gestiono webs y redes a nivel local, y pronto espero tirarme a proyectos a nivel internacional.

Puedes seguirme en las redes

 

Contacto y notas de prensa

600451894