Home » coruna » Recent Articles:

A Deputación e o servizo de Oncoloxía do CHUAC reúnen a 400 mulleres no Teatro Colón para compartir experiencias sobre a vida despois do cancro de mama

noviembre 9, 2018 coruna Comentarios desactivados en A Deputación e o servizo de Oncoloxía do CHUAC reúnen a 400 mulleres no Teatro Colón para compartir experiencias sobre a vida despois do cancro de mama

Máis de 400 mulleres dos concellos da área coruñesa participaron no Teatro Colón na derradeira xornada do ciclo ciclo “Empoderamento da muller con cancro de mama”, organizado polo servizo de Oncoloxía do CHUAC e a Deputación da Coruña, co obxectivo de que as persoas que superaron esta enfermidade  podan despexar dúbidas, abordar cuestións de interese común e compartir experiencias.

O evento comezou coas intervencións do doutor Luís Antón Aparicio, xefe da área de Oncoloxía do centro hospitalario coruñés e do presidente da Deputación da Coruña, Valentín González Formoso, que gabou esta “iniciativa sociosanitaria pioneira” que chegou a máis de 1.000 mulleres en toda a provincia e que permitiu non só ofrecer recursos ás mulleres que superaron o cáncer de mama para resolver as dúas dúbidas e continuar a súa vida nas mellores condicións, senón que ademais permite aos profesionais da sanidade pública obter un interesante feedbacksobre cales son os asuntos que lles preocupan.

… Leer más

Coruñes de nacimiento, y amante de esta gran ciudad, trabajador en la industria del metal y fan de las nuevas tecnologías, gestiono webs y redes a nivel local, y pronto espero tirarme a proyectos a nivel internacional.

Puedes seguirme en las redes

 

O Faro de Oza recibiu dende a súa apertura á cidadanía máis de 30 solicitudes de uso por parte da veciñanza da Coruña

noviembre 9, 2018 coruna Comentarios desactivados en O Faro de Oza recibiu dende a súa apertura á cidadanía máis de 30 solicitudes de uso por parte da veciñanza da Coruña

Un mes logo da súa apertura á veciñanza, o Faro de Oza recibiu 34 solicitudes para o seu uso. Á vista dos datos, a concelleira de Participación e Innovación Democrática, Claudia Delso, destaca a boa acollida que está a ter a iniciativa posta en marcha polo goberno local para abrir á veciñanza, de forma gratuíta, espazos e equipamentos municipais que favorezan un maior uso por parte da cidadanía dos recursos públicos, os denominados TEU (Espazo Aberto de Uso Cidadán da Coruña). “Do total de solicitudes recibidas, seis proceden de entidades da cidade, mentres que o resto son demandas de persoas individuais”, subliña a responsable municipal, que recorda que un dos obxectivos deste programa está baseado, precisamente, en dar ferramentas tanto á cidadanía organizada como á que non o está. “A maioría das peticións de uso son para a fin de semana e teñen como obxecto tanto a celebración de reunións familiares como a organización de actividades de carácter sociocultural”, indica a titular de Participación, que apunta que, oito das solicitudes non foron admitidas, ben por non cumprir coas condicións de uso estipuladas ou ben por estar xa ocupada a data proposta. “Non obstante, estimamos que unhas 700 persoas se van beneficiar do espazo en base a estas primeiras peticións de uso”, subliña.

“Os espazos TEU teñen como obxectivo que máis persoas se beneficien dos recursos públicos mediante un modelo de xestión diferencial, facilitador, accesible e simple. O primeiro destes espazos que puxemos en marcha foi o do Faro de Oza, especialmente simbólico xa que forma parte deses lugares que forman parte do bordo litoral e que a cidadanía reclama, non obstante, iremos abrindo outros”, di Delso, quen pon en valor que a fin de semana de inauguración (6 e 7 de outubro), máis de 700 persoas visitaron o lugar e participaron nas actividades programadas. “Unha das grandes demandas na cidade é poñer a disposición da xente espazos para uso cidadá público, libre, gratuíto, inclusivo e accesible. Trátase dunha demanda transversal e presente en case todos os barrios da cidade”, apunta a concelleira. “Os espazos TEU son unha nova porta aberta por este goberno local para ensanchar a democracia e continuar establecendo políticas irreversibles, de proximidade e transformadoras para a vida social e comunitaria da nosa cidade”, insiste Delso.

Tanto o caso do Faro de Oza como os futuros espazos TEU que se vaian poñendo a disposición da cidadanía poderán solicitarse a través do rexistro municipal de forma presencial, ou a través da Sede Electrónica. O espazo adxudicarase por orde de entrada das solicitudes no rexistro. As chaves entregaranse á persoa que asinou a solicitude de uso e recolleranse no propio Faro de Oza, ao inicio e ao finalizar cada actividade. Para facilitar aínda máis o fluxo de información, o Faro conta cun espazo de información na web municipal de Participación (​http://www.coruna.gal/participacion/gl/faro-de-oza​).

Coruñes de nacimiento, y amante de esta gran ciudad, trabajador en la industria del metal y fan de las nuevas tecnologías, gestiono webs y redes a nivel local, y pronto espero tirarme a proyectos a nivel internacional.

Puedes seguirme en las redes

 

LA FUNDACIÓN MARÍA JOSÉ JOVE ABRE LA PRIMERA EXPOSICIÓN PERMANENTE SOBRE LOS LÍMITES, LA CRISIS MIGRATORIA Y EL EXILIO

noviembre 9, 2018 coruna Comentarios desactivados en LA FUNDACIÓN MARÍA JOSÉ JOVE ABRE LA PRIMERA EXPOSICIÓN PERMANENTE SOBRE LOS LÍMITES, LA CRISIS MIGRATORIA Y EL EXILIO

Kiefer, Ángela de la Cruz, Baselitz, Gormley, Picasso, Kandinsky o Bourgois son solo algunos de los autores que protagonizan la nueva exposición permanente de la Fundación María José Jove, entidad que ha remodelado su sala de exposiciones para abordar el concepto de límite, la crisis migratoria, el exilio o los conflictos.

Integrada por más de 612 obras de 282 autores, la Colección de Arte Fundación María José Jove, una de las colecciones privadas más importantes de España, abre al público desde este otoño con una nueva exposición permanente en la que a través de 115 obras se explora la condición de las fronteras que definen los límites, los territorios, las ideologías y las identidades. Con ello, además de continuar apostando por utilizar el arte como herramienta de inclusión, de la que es ya pionera y referente en España, la Fundación María José Jove presenta su sala de exposiciones como espacio de debate y reflexión. … Leer más

Coruñes de nacimiento, y amante de esta gran ciudad, trabajador en la industria del metal y fan de las nuevas tecnologías, gestiono webs y redes a nivel local, y pronto espero tirarme a proyectos a nivel internacional.

Puedes seguirme en las redes

 

O Concello da Coruña, xunto co de Avilés, o goberno do Estado, Galicia e Asturias, propoñen unha mesa de traballo para negociar con empresa e axentes sociais o futuro das plantas de Alcoa

noviembre 8, 2018 Ayuntamiento, coruna Comentarios desactivados en O Concello da Coruña, xunto co de Avilés, o goberno do Estado, Galicia e Asturias, propoñen unha mesa de traballo para negociar con empresa e axentes sociais o futuro das plantas de Alcoa

O Concello da Coruña, xunto co de Avilés, os executivos autonómicos de Galicia e o Principado de Asturias e os ministerios de Industria e Transición Ecolóxica acordaron esta tarde, no marco dunha reunión celebrada en Madrid e na que estiveron presentes os e as titulares de cada administración, propoñer a constitución dunha mesa de traballo na que, ademais, participen os axentes sociais e Alcoa, para negociar o futuro das plantas que a multinacional pretende pechar na Coruña e en Avilés, o que afectaría de xeito directo a máis de 700 familias.

O acordo adoptouse esta tarde logo da xuntanza institucional celebrada no Ministerio de Industria e na que participaron o alcalde coruñés, Xulio Ferreiro, así como a súa homóloga en Avilés, Virtudes Monteserín, as ministras de Industria e de Transición Ecolóxica, Reyes Maroto e Teresa Ribera, e os presidentes da Xunta e do Principado, Alberto Núñez Feijóo e Javier Fernández. Nunha comparecencia posterior ante os medios de comunicación, o rexedor coruñés manifestou que outro dos acordos acadados pasa por solicitar á empresa á retirada do ERE extintivo que ten activado e que afecta ás dúas plantas. “O fundamental é que no día de hoxe, as cinco administracións implicadas nos sentamos á mesa para evidenciar que estamos de acordo en como hai que actuar. Primeiro, é imprescindible que se retire o expediente de regulación de emprego porque non se pode negociar e conformar unha mesa de traballo realmente construtiva se hai unha data de límite tan próxima”, comentou Ferreiro, que destacou que outra das demandas que se lle fixo ás representantes estatais é que o goberno poña en marcha os mecanismos que sexan necesarios para poder conformar esta mesa, “sentar a Alcoa e negociar e seguir avanzando cos sindicatos e as forzas sociais, xa que somos conscientes de que ambas plantas son rendibles”. “Todo o esforzo que se faga aquí está xustificado. Estamos falando de moitas familias, de moitas veciñas e veciños”, advertiu o primeiro edil, que tivo unha referencia para os e as traballadoras da planta coruñesa. “Quero mandar unha mensaxe de ánimo, que saiban que todos e todas as que nos sentamos hoxe a esta mesa estamos a traballar para reverter a situación actual”, manifestou.

… Leer más

Coruñes de nacimiento, y amante de esta gran ciudad, trabajador en la industria del metal y fan de las nuevas tecnologías, gestiono webs y redes a nivel local, y pronto espero tirarme a proyectos a nivel internacional.

Puedes seguirme en las redes

 

O escritor Xabier López gaña coa novela “900” o XXX Premio Torrente Ballester en galego da Deputación da Coruña

noviembre 8, 2018 coruna Comentarios desactivados en O escritor Xabier López gaña coa novela “900” o XXX Premio Torrente Ballester en galego da Deputación da Coruña

O escritor Xabier López coa novela “900” é o gañador da nova edición do Premio Torrente Ballester de narrativa en lingua galega. O xurado destacou a calidade desta “gran novela río” que ronda as cincocentas páxinas polas que o autor recibirá un premio de 25.000 €, a maior dotación da literatura na nosa lingua.

O xurado da XXX edición do Premio Torrente Ballester na modalidade de lingua galega decidiu escoller como obra gañadora unha “gran novela río” que foi presentada co lema Casa Tomada e o título “900”. Unha vez aberta a plica, a obra resultou ser do escritor Xabier López, un autor cunha traxectoria xa consolidada e unha ampla obra que recibiu xa numerosos recoñecementos en distintos certames literarios. … Leer más

Coruñes de nacimiento, y amante de esta gran ciudad, trabajador en la industria del metal y fan de las nuevas tecnologías, gestiono webs y redes a nivel local, y pronto espero tirarme a proyectos a nivel internacional.

Puedes seguirme en las redes

 

Contacto y notas de prensa

600451894