Home » coruna » Recent Articles:

A Coruña, xunto a 12 concellos do Estado, reclama ao goberno central que “achegue decontado os recursos necesarios e urxentes para que os municipios poidan garantir unha acollida digna das persoas migrantes”

noviembre 8, 2018 coruna Comentarios desactivados en A Coruña, xunto a 12 concellos do Estado, reclama ao goberno central que “achegue decontado os recursos necesarios e urxentes para que os municipios poidan garantir unha acollida digna das persoas migrantes”

A concelleira de Igualdade e Diversidade, Rocío Fraga, solicitou no Congreso que o executivo central achegue aos municipios os recursos necesarios para poder afrontar e garantir a xestión dunha acollida digna para as persoas migrantes, refuxiadas ou solicitantes de asilo, así como axustar os protocolos de recepción nos puntos de chegada. “As cidades xa somos acolledoras. Xa somos refuxio. Pero queremos facelo dun xeito axeitado e digno para as persoas que así o solicitan. Precisamos solucións reais, urxentes e inmediatas ante esta situación de emerxencia social”, aseverou Fraga.

A concelleira participou hoxe, no Congreso, nunha xuntanza da Rede de Cidades Refuxio, da que A Coruña é membro, xunto a Madrid, Barcelona, Valencia, Zaragoza, Granada, Valladolid, Girona, San Sebastián, Cádiz, Terrasa, Palma e Sant Boi de Llobregat. O encontro tiña como obxectivo analizar, desde o punto de vista municipal, da situación de acollida así como dos recursos necesarios de cara a poder garantir unha acollida digna. A este respecto, a Rede concluíu que cómpre dispor dun maior número de recursos así como de financiamento para poder mellorar e dignificar a acollida, especialmente de cara os vindeiros meses, coincidindo co inicio do inverno. En consecuencia, as e aos representantes das cidades trasladaron á Secretaría de Estado de Migracións do goberno do Estado unha serie de demandas concretas para poder asegurar unha atención axeitada das persoas migrantes e solicitantes de asilo nos municipios.

… Leer más

Coruñes de nacimiento, y amante de esta gran ciudad, trabajador en la industria del metal y fan de las nuevas tecnologías, gestiono webs y redes a nivel local, y pronto espero tirarme a proyectos a nivel internacional.

Puedes seguirme en las redes

 

A Concellería de Medio Ambiente recolle máis de 260 achegas durante período público de consultas sobre o prego de limpeza viaria

noviembre 8, 2018 coruna Comentarios desactivados en A Concellería de Medio Ambiente recolle máis de 260 achegas durante período público de consultas sobre o prego de limpeza viaria

A Concellería de Medio Ambiente recolleu máis de 260 propostas de 15 entidades durante o período de consulta pública ao que someteu os pregos para a contratación do servizo de limpeza viaria, un proceso “pioneiro e innovador para este tipo de contratos”. A edil de Medio Ambiente, María García, incidiu no novidoso dun sistema que xa se aplicou ao prego de xestión de residuos e que permite que aos principais axentes do sector participar e opinar sobre o desenvolvemento dun servizo básico antes de que se abra o proceso de licitación dun dos maiores contratos do Concello, que ten un orzamento de licitación de máis de 14 millóns de euros ao ano. Nesta ocasión, foron 15 as entidades que realizaron as súas achegas, mentres que a concelleira realizou oito entrevistas con asociacións veciñais, empresariais, de hostalería e os grupos municipais, ademais de numerosos encontros cos sindicatos representados no comité de empresa de Ferrovial, que realizaron máis de 60 suxestións ás bases.

A edil salienta que estas achegas servirán para enriquecer uns pregos que teñen como principais novidades o investimento, de cinco millóns de euros, en maquinaria “respectuosa co medio ambiente, eficiente e silenciosa”, a creación de equipos específicos de limpeza para situacións e tarefas concretas e o reparto equitativo dos medios nos barrios, así como a introdución de cláusulas sociais de obrigado cumprimento no contrato. Neste sentido, o proceso de consulta, que rematou de maneira xeral o 3 de agosto, prolongouse no tocante aos contactos coas persoas representantes do colectivo de traballadores e traballadoras “para afinar e tratar de incorporar as melloras precisas que garantan unhas condicións laborais axeitadas no servizo”. Ademais, García mantivo encontros coa Confederación de Asociacións Veciñais, a de Empresarios da Grela, a Asociación Provincial de Hostalaría, a Asociación de Hostaleiros da Mariña e unha reunión conxunta con diferentes asociacións veciñais.

A Concellería de Medio Ambiente finaliza agora a integración das aportacións nos pregos que sairán a licitación e que, posteriormente, serán sometidos á correspondente fiscalización para, a continuación, ser aprobado, xunto co gasto aparellado, pola Xunta de goberno local. Este será o paso previo á apertura do proceso de licitación. Entre os temas sobre os que máis achegas se contabilizaron están os criterios de valoración, a distribución dos medios, as ferramentas, o control de calidade e os parámetros polo que se vai a rexer, frecuencia de medios, o novidoso modelo de limpeza con auga e o que implica para os barrios, así como os reforzos especiais para a celebración de festas, momento caída de folla, túneles, pintadas ou vertedoiros incontrolados.

Coruñes de nacimiento, y amante de esta gran ciudad, trabajador en la industria del metal y fan de las nuevas tecnologías, gestiono webs y redes a nivel local, y pronto espero tirarme a proyectos a nivel internacional.

Puedes seguirme en las redes

 

O Teatro Colón acolle hoxe o a derradeira xornada sobre o Empoderamiento da muller con cancro de mama do 2018

noviembre 8, 2018 coruna Comentarios desactivados en O Teatro Colón acolle hoxe o a derradeira xornada sobre o Empoderamiento da muller con cancro de mama do 2018

A Deputación da Coruña e o servizo de Oncoloxía do CHUAC organizan a derradeira xornada sobre a vida despois do cancro de mama.

O acto, que terá lugar hoxe xoves, 8 de novembro, a partir das 16.00 horas, no Teatro Colón da Coruña, completará un ciclo de conferencias que ven tendo lugar nos últimos meses en diversos concellos da provincia, contará coa participación de mulleres de toda a comarca coruñesa que superaron a enfermidade e  pretende despexar dúbidas, intercambiar opinións e abordar cuestións de interese para as afectadas en relación con cuestións como a sexualidade, o embarazo, os coidados, a nutrición ou aspectos psicolóxicos unha vez superado o cancro. … Leer más

Coruñes de nacimiento, y amante de esta gran ciudad, trabajador en la industria del metal y fan de las nuevas tecnologías, gestiono webs y redes a nivel local, y pronto espero tirarme a proyectos a nivel internacional.

Puedes seguirme en las redes

 

A Deputación incorpora como bolseiros a tres alumnos do máster de xestión de produtos turísticos da UDC

noviembre 8, 2018 coruna Comentarios desactivados en A Deputación incorpora como bolseiros a tres alumnos do máster de xestión de produtos turísticos da UDC

A Deputación da Coruña incorporará como bolseiros a tres alumnos do Máster de planificación e xestión de destinos e produtos turísticos da Universidade da Coruña (UDC).

O presidente da Deputación, Valentín González Formoso, e o reitor da UDC, Julio Abalde, asinaron o convenio que articulará esta colaboración entre ambas institucións co obxecto de completar, mediante prácticas laborais na administración, a formación acedémica dos alumnos egresados do máster.

Ao mesmo tempo, a Deputación da Coruña reforzará a súa área de Turismo coa incorporación de persoas cunha sólida formación académica especializada, que contribuirán co seu talento e coñecementos a desenvolver os numerosos proxectos de promoción turística que impulsa a institución provincial nos diferentes xeodestinos coruñeses.

O convenio supón un desembolso económico de 34.544 euros, financiados íntegramente pola Deputación e as prácticas realizaranse por un período de un ano.

Coruñes de nacimiento, y amante de esta gran ciudad, trabajador en la industria del metal y fan de las nuevas tecnologías, gestiono webs y redes a nivel local, y pronto espero tirarme a proyectos a nivel internacional.

Puedes seguirme en las redes

 

O embaixador de Estonia explicou na Deputación o proceso que converteu a este país na referencia dixital de Europa

noviembre 8, 2018 coruna Comentarios desactivados en O embaixador de Estonia explicou na Deputación o proceso que converteu a este país na referencia dixital de Europa

A Deputación da Coruña acolleu unha xornada sobre economía dixital organizada polo centro oficial de información da Comisión Europea Europe Directdentro do ciclo ““Europa na provincia da Coruña”, que ten como obxectivo difundir entre os técnicos e responsables políticos dos concellos coruñeses os programas de financiamento europeo existentes en diversas materias.

O encontro foi inaugurado polo presidente da Deputación, Valentín González Formoso, que destacou que a transformación dixital da administración, a sociedade e as empresas “é unha revolución en marcha, que supón unha gran oportunidade para os países máis concienciados desta nova realidade”. … Leer más

Coruñes de nacimiento, y amante de esta gran ciudad, trabajador en la industria del metal y fan de las nuevas tecnologías, gestiono webs y redes a nivel local, y pronto espero tirarme a proyectos a nivel internacional.

Puedes seguirme en las redes

 

Contacto y notas de prensa

600451894