Home » Deportes » Recent Articles:

O Concello destina 115.000 euros a convenios para a promoción do turismo a través do deporte, “dado o importante polo de atracción de visitantes que representa”

octubre 18, 2016 Deportes Comentarios desactivados en O Concello destina 115.000 euros a convenios para a promoción do turismo a través do deporte, “dado o importante polo de atracción de visitantes que representa”

O Concello destinará este 2016 115.000 euros para patrocinar ou colaborar en actividades deportivas que fomenten a atracción turística. Con ese obxectivo, o Consorcio de Turismo e Congresos da Coruña, organismo municipal dependente da Concellería de Emprego e Economía Social, vén de facer públicas no seu perfil do contratante (https://goo.gl/HfJMv9) as bases que regulan a solicitude destas axudas. Aquelas entidades deportivas interesadas, e que se axusten aos requisitos, poderán demandalas até o vindeiro día 27. O concelleiro de Emprego, Alberto Lema, destacou “o importante polo de atracción de visitantes que representan estes eventos”. “Axudando á realización dos mesmos, non só estamos favorecendo a chegada de turismo, algo fundamental para a hostalería e o sector servizos da cidade, senón que tamén poñemos en valor unhas institucións tan representativas na Coruña como son aquelas que fomentan o deporte de base, ou o mal chamado deporte minoritario”, comentou. “Estas accións son parte dun programa de promoción do turismo a través do deporte no que, por exemplo, se inclúe a colaboración do Concello na realización do World Padel Tour celebrado a pasada fin de semana con gran éxito”, explicou.

As bases publicadas polo Consorcio de Turismo indican que esta convocatoria de axudas “é aberta, ten vocación de estabilidade e busca fomentar a participación de clubs e entidades deportivas locais como elementos difusores da cidade no ámbito turístico”. Esta convocatoria de axudas, ademais, está especialmente centrada en actividades e eventos deportivos que atraen a un número destacado de persoas pero que non se moven dentro dos grandes circuítos, como é o caso do deporte afeccionado ou de base. De feito, non poderán ser beneficiarios destas axudas os equipos da cidade participantes nas competencións recoñecidas polo Consello Superior de Deportes, como ligas profesionais (primeira e segunda división A de fútbol, e liga ACB de Baloncesto). “No obxecto de servir como reclamo turístico, por medio desta convocatoria o Concello patrocinará ou colaborará coa celebración de eventos deportivos na cidade, aínda que tamén pode outorgar axudas de desprazamento, por exemplo, a clubs que compiten fóra e non son profesionais, xa que contribúen de xeito moi salientable a difundir a marca Coruña no exterior”, destacou o responsable municipal de Emprego. … Leer más

Coruñes de nacimiento, y amante de esta gran ciudad, trabajador en la industria del metal y fan de las nuevas tecnologías, gestiono webs y redes a nivel local, y pronto espero tirarme a proyectos a nivel internacional.

Puedes seguirme en las redes

 

O torneo de World Padel Tour, organizado coa colaboración de Turismo de A Coruña, supera a previsión de asistentes e ronda os 11.000 espectadores no Coliseo favorecendo a promoción da cidade

octubre 17, 2016 Deportes Comentarios desactivados en O torneo de World Padel Tour, organizado coa colaboración de Turismo de A Coruña, supera a previsión de asistentes e ronda os 11.000 espectadores no Coliseo favorecendo a promoción da cidade

O torneo Abanca Ciudad de A Coruña Open 2016 do circuito mundial World Padel Tour rematou este domingo no Coliseo cunha cifra total de arredor de 11.000 persoas entre o xoves 14 e o domingo 16 desta semana, segundo a organización. Esta proba internacional, que contribúe á promoción da cidade a través do deporte coa colaboración de Turismo de A Coruña, superou así as previsións da organización en número de visitantes, que cifraban nuns 9.000. O evento realizouse na cidade coa colaboración do Consorcio de Turismo de A Coruña e supón un pulo para a promoción na cidade e a atracción de visitantes.

unnamed

… Leer más

Coruñes de nacimiento, y amante de esta gran ciudad, trabajador en la industria del metal y fan de las nuevas tecnologías, gestiono webs y redes a nivel local, y pronto espero tirarme a proyectos a nivel internacional.

Puedes seguirme en las redes

 

LOS 3.500 PARTICIPANTES DE LA CARRERA ENKI LLENARON DE DIVERSIÓN Y SOLIDARIDAD EL PASEO MARÍTIMO

octubre 17, 2016 Deportes Comentarios desactivados en LOS 3.500 PARTICIPANTES DE LA CARRERA ENKI LLENARON DE DIVERSIÓN Y SOLIDARIDAD EL PASEO MARÍTIMO

La Carrera Enki, que celebró su tercera edición como única prueba de obstáculos por la integración que se celebra en Galicia, llenó el Paseo Marítimo de A Coruña de solidaridad y diversión con 3.500 participantes, lo que supone 1.500 personas más que el año pasado. En la presente edición, participaron equipos de cuatro colegios, lo que supone casi 200 escolares acompañados de sus familias. Además, tres de cada diez personas inscritas tenían menos de diez años y el más joven de la prueba era un bebé de nueve meses.

unnamed

La Carrera Enki se consolida en esta edición tras agotar las inscripciones diez días antes de la celebración de la actividad. Esta carrera se enmarca en el proyecto social ENKI, creado para promover la integración y visualización de colectivos y personas con diversidad funcional. Esta iniciativa, promovida por la Fundación Abrente, cuenta con el apoyo de la Fundación María José Jove y el Ayuntamiento de A Coruña con el respaldo de la Obra Social “la Caixa”. … Leer más

Coruñes de nacimiento, y amante de esta gran ciudad, trabajador en la industria del metal y fan de las nuevas tecnologías, gestiono webs y redes a nivel local, y pronto espero tirarme a proyectos a nivel internacional.

Puedes seguirme en las redes

 

A Coruña acolle esta semana a celebración do circuíto World Padel Tour, nunha nova aposta “pola proxección deportiva da cidade”

octubre 12, 2016 Deportes Comentarios desactivados en A Coruña acolle esta semana a celebración do circuíto World Padel Tour, nunha nova aposta “pola proxección deportiva da cidade”

A cidade da Coruña será esta semana a sede do Circuíto World Padel Tour do 12 ao 16 de outubro, que se disputará no Coliseum, e no que participarán máis dun cento de profesionais deste deporte. Os concelleiros de Emprego e Economía Social, Alberto Lema, e de Culturas, Deporte e Coñecemento, José Manuel Sande, presentaron esta mañá na Torre de Hércules esta cita cunha disciplina deportiva “que conta cun importante número de veciñas e veciños federados na cidade”, segundo indicou Lema, e que “supón unha importante oportunidade para proxectar A Coruña”. “Apoiar a práctica deportiva e mostrar unha cidade viva é unha liña pola que aposta este Goberno”, expuxo o responsable municipal, quen avanzou que o executivo coruñés “dará continuidade á promoción turística a través do deporte”.

unnamed

A fase previa desta competición, denominada ABANCA Cidade da Coruña Open, estase a desenvolver no municipio desde o pasado domingo, 9 de outubro, pero os enfrontamentos finais terán lugar a partir deste mércores, día 12, no Coliseum coruñés. O responsable da área de Turismo fixo fincapé na “adaptación óptima” do espazo municipal como sede desta liga. “O Coliseum conta cunhas instalacións deportivas claramente adaptadas para acoller eventos e competicións do máis alto nivel, como vimos nestes últimos meses”, sinalou o edil, quen avanzou que a organización estima a asistencia de máis de 2.000 persoas por día no recinto.

Para máis información sobre competición, horarios, entradas e deportistas profesionais que forman parte do Circuíto, pode visitarse a web www.worldpadeltour.com

Coruñes de nacimiento, y amante de esta gran ciudad, trabajador en la industria del metal y fan de las nuevas tecnologías, gestiono webs y redes a nivel local, y pronto espero tirarme a proyectos a nivel internacional.

Puedes seguirme en las redes

 

O Concello establecerá un dispositivo especial de tráfico este domingo no Paseo Marítimo pola carreira Coruña10

octubre 8, 2016 Deportes Comentarios desactivados en O Concello establecerá un dispositivo especial de tráfico este domingo no Paseo Marítimo pola carreira Coruña10

A Carreira Popular Coruña10, que celebra este ano a súa décima edición, celebrarase este domingo, 9 de outubro, na enseada do Orzán. As e os atletas da categoría absoluta tomarán a saída ás 10.30 horas, e percorrerán o Paseo Marítimo, desde o Millennium ata a Torre de Hércules ata alcanzar a meta fronte ao Pazo dos Deportes de Riazor, mentres que desde as 11.30 ata as 13.00 horas terán lugar as carreiras de menores na contorna do recinto deportivo municipal. Así, co gallo da realización desta proba, o Concello da Coruña despregará un dispositivo especial de tráfico na mañá do domingo, desde as 07.30 horas ata as 13.30 horas, que velará pola seguridade das e dos deportistas, e permitirá que a cidadanía poida empregar tanto o transporte público urbano como os seus vehículos nos seus desprazamentos.

corun-a10-2016

Os primeiros cortes produciranse ás 07.30 na avenida da Habana á altura da Praza de Portugal, na que se desviará o tráfico cara a avenida Calvo Sotelo e Manuel Murguía ata as 12.00 horas. Este roteiro manterase para a circulación cando se produza o corte total no Paseo Marítimo, á altura da zona da antepraza do Pazo Dos Deportes de Riazor, fronte o Playa Club, desde as 08.30 ata as 13.30 horas, espazo no que estará situada a meta da Coruña10. Para permitir a circulación, manterase operativa a glorieta das Esclavas, agás cando se produza o corte total na cortorna do estadio municipal de Riazor –avenida da Habana, Paseo de Ronda, Manuel Murguía– na saída da caarreira, entre as 10.25 e 10.35 horas. … Leer más

Coruñes de nacimiento, y amante de esta gran ciudad, trabajador en la industria del metal y fan de las nuevas tecnologías, gestiono webs y redes a nivel local, y pronto espero tirarme a proyectos a nivel internacional.

Puedes seguirme en las redes