Home » Deportes » Recent Articles:

O Concello establecerá un dispositivo especial de tráfico este sábado 1 de abril pola celebración da VII edición da Carreira Popular Torre de Hércules

marzo 31, 2017 Deportes Comentarios desactivados en O Concello establecerá un dispositivo especial de tráfico este sábado 1 de abril pola celebración da VII edición da Carreira Popular Torre de Hércules

A sétima edición da proba Torre de Hércules – Trofeo José Annoio Valera Calviño, cuarta cita do V Circuíto de Carreiras Populares Coruña Corre, terá lugar este sábado ,1 de abril. Co gallo desta celebración, a Concellería de Mobilidade Sostible establecerá un dispositivo especial de tráfico durante o evento. A carreira, que comezará ás 21.00 horas no caso da categoría absoluta, terá a súa meta e saída ao pé da Torre de Hércules e contará cun trazado de 6.675 metros que percorrerá o Paseo Marítimo desde o agra de San Amaro até a rotonda das Ánimas. Por este motivo, entre as 20.55 e as 21.40 horas, producirase o corte total ao tráfico do Paseo Marítimo, nos dous sentidos de circulación, entre a glorieta de Adormideras e as Ánimas.

Ás 21.00 horas, momento no que se dará a saída da carreira absoluta, cortarase o acceso a Adormideras durante 10 minutos, e a rúa Regatta Cutty Sark terá cortes parciais. Así, na rampla de acceso á mesma, entre as 21.10 e as 21.50 horas, manterase un carril para a proba e outro para o tráfico, cuxo paso será dado pola Policía Local, e outro corte desde a baixada do Club do Mar até o cruzamento co Paseo dos Menhires, onde só estará permitido o acceso aos garaxes –desde as 20.55 horas até as 21.50 horas–.

No caso das carreiras das categorías inferiores, que terán lugar no Paseo dos Menhires desde as 17.00 horas, estas non afectarán á circulación. O que non estará permitido nesta vía, pola montaxe da proba desde as 08.00 horas da mañá, será o estacionamento de vehículos.

O peche de control da VII Carreira Popular Torre de Hércules – Trofeo José Antonio Varela Calviño será ás 22.15 horas e, a continuación, procederase á entrega de premios xunto ao Frontón da Cidade Deportiva da Torre. Neste mesmo recinto municipal poderán recollerse os dorsais para participar na proba o venres 31 de marzo, de 17.00 a 20.30 horas, e o sábado 1 de abril, desde as 11.00 horas ata unha hora antes do comezo de cada unha das carreiras.

… Leer más

Coruñes de nacimiento, y amante de esta gran ciudad, trabajador en la industria del metal y fan de las nuevas tecnologías, gestiono webs y redes a nivel local, y pronto espero tirarme a proyectos a nivel internacional.

Puedes seguirme en las redes

 

O Concello presenta a primeira edición do Campionato de Marcha Nórdica da Coruña, que se celebrará o domingo 5 de marzo e abrirá a competición estatal da tempada

marzo 2, 2017 Deportes Comentarios desactivados en O Concello presenta a primeira edición do Campionato de Marcha Nórdica da Coruña, que se celebrará o domingo 5 de marzo e abrirá a competición estatal da tempada

O concelleiro de Emprego e Economía Social, Alberto Lema, presentou no Pazo de María Pita o Campionato de Marcha Nórdica da Coruña, proba cuxa primeira edición terá lugar este domingo, 5 de marzo. Nesta disciplina, recoñecida como modalidade deportiva en xuño de 2015 pola Federación Española de Deportes de Montaña e Escalada (FEDME), as e os participantes empregan uns bastóns especialmente deseñados para o desenvolvemento da actividade, co obxectivo de optimizar o esforzo físico realizado no movemento nun percorrido que pode ter lugar tanto no natural coma nun circuíto urbano. O responsable municipal de Turismo salientou o compromiso do Goberno local co deporte “na súa vertente saudable”, a través dunha disciplina “novidosa” e que pode ser practicada por todos os públicos. A proba do domingo, que puntuará na clasificación da FEDME, “abrirá o primeiro circuíto estatal, polo que podemos dicir, con orgullo, que A Coruña inaugurará a historia da Marcha Nórdica en España”, afirmou Lema.

O domingo 5 as e os deportistas percorrerán unha distancia de 13,34 km nunha volta e media a un circuíto urbano que percorre o bordo litoral entre a praza de María Pita, onde estará situada a saída e a meta, e a torre de Hércules. O concelleiro avanzou que a carreira, que contará con máis de 100 participantes, presenta “unha taxa moi alta de participación feminina, arredor dun 65%.” Neste sentido, Lema destacou a aposta do executivo municipal coa visibilización do deporte feminino así como por achegar eventos á cidade que “contribúan a desestacionalizar a oferta turística como acontece nesta proba, que se celebra en marzo”. … Leer más

Coruñes de nacimiento, y amante de esta gran ciudad, trabajador en la industria del metal y fan de las nuevas tecnologías, gestiono webs y redes a nivel local, y pronto espero tirarme a proyectos a nivel internacional.

Puedes seguirme en las redes

 

A piscina municipal de Riazor abrirá mañá de novo ao público

marzo 1, 2017 Deportes Comentarios desactivados en A piscina municipal de Riazor abrirá mañá de novo ao público

A Concellería de Culturas, Deporte e Coñecemento, área que dirixe José Manuel Sande, vén de informar que, tras finalizar as obras de acondicionamento e reparación da súa cuberta e posta a punto do recinto para garantir a seguridade das usuarias e dos usuarios, a piscina municipal de Riazor abrirá de novo mañá, 2 de marzo, ao público.

O Servizo Municipal de Deportes anuncia tamén que todas as persoas afectadas polo peche da piscina poderán solicitar a devolución da taxa abonada polo importe proporcional ao tempo de peche. Para simplificar a tramitación desta devolución distribuiranse, ao longo do mes de marzo, as solicitudes cubertas, de xeito que as persoas usuarias só deban asinalas e presentalas, xunto ao certificado da conta bancaria onde desexe que se lle ingrese o importe en cuestión, en calquera rexistro municipal, preferentemente nos situados no Polideportivo do Barrio das Flores e nas cidades deportivas da Torre e Riazor.

Coruñes de nacimiento, y amante de esta gran ciudad, trabajador en la industria del metal y fan de las nuevas tecnologías, gestiono webs y redes a nivel local, y pronto espero tirarme a proyectos a nivel internacional.

Puedes seguirme en las redes

 

Sergio Sánchez e Adela Villa gañan a novena edición do medio maratón Coruña21, que se desenvolveu “nun ambiente festivo e lúdico”

febrero 26, 2017 Deportes Comentarios desactivados en Sergio Sánchez e Adela Villa gañan a novena edición do medio maratón Coruña21, que se desenvolveu “nun ambiente festivo e lúdico”

Esta mañá tivo lugar a novena edición do Medio Maratón Atlántica Coruña21, proba de 21.097,50 metros que se celebrou entre Oza e Os Pelamios, e cuxa meta e saída estivo situada no Obelisco. Na carreira, que se desenvolveu con normalidade, participaron 1.741 deportistas maiores de 18 anos, Na categoría absoluta masculina, o atleta leonés Sergio Sánchez proclamouse gañador cun tempo de 01:03:28, seguido de Pedro Nimo (1:06:38) e de David santos (1:07:36). No caso da categoría feminina, a asturiana Adela Villa, cun tempo de 1:20:33, foi a vencedora. Completaron o podio Raquel Suárez (1:21:23) e Rocío Alvite (1:22:21). Nesta edición, de carácter inclusivo e na que tamén participaron cinco atletas en cadeira de rodas, Iván Montero foi o gañador da categoría dehandbike, cun tempo de 52.04.

O concelleiro de Culturas, Deporte e Coñecemento, José Manuel Sande, participou na entrega de trofeos e salientou o carácter “aberto e festivo” da proba, na que algúns participantes portaron disfraces, “unha feliz coincidencia coas datas co Entroido”. O edil incidiu na convivencia “entre o compoñente profesional” dun medio maratón e “o espírito lúdico e festivo” das carreiras populares da Coruña, “que favorecen a vertente saudable e integradora do deporte, e que fai que este tipo de probas teñan maior aceptación entre a veciñanza”. Neste sentido, o responsable municipal valorou positivamente que o Medio Maratón Atlántica tivera un 12,5 % de participación feminina, e agarda “seguir avanzando” nesta liña”, “e que cada vez máis mulleres formen parte deste tipo de competicións, como xa sucede noutras disciplinas”.

O desenvolvemento da carreira estivo acompañado dun dispositivo especial de tráfico no centro da cidade, que obrigou a realizar cortes puntuais e desviar o tráfico que, desde as 12.45 horas, está restablecido en todo o trazado do circuíto e, desde as 14.00 horas, na zona da meta.

Coruñes de nacimiento, y amante de esta gran ciudad, trabajador en la industria del metal y fan de las nuevas tecnologías, gestiono webs y redes a nivel local, y pronto espero tirarme a proyectos a nivel internacional.

Puedes seguirme en las redes

 

A Concellería de Deporte pecha este domingo o prazo de inscrición extraordinario do medio maratón Coruña21, “unha proba que por enriba da visión competitiva destaca polo seu carácter saudable, lúdico e integrador”

febrero 18, 2017 Deportes Comentarios desactivados en A Concellería de Deporte pecha este domingo o prazo de inscrición extraordinario do medio maratón Coruña21, “unha proba que por enriba da visión competitiva destaca polo seu carácter saudable, lúdico e integrador”

O concelleiro de Culturas, Deporte e Coñecemento, José Manuel Sande, presentou a novena edición do medio maratón Coruña21, promovida polo Servizo Municipal de Deporte que terá lugar o próximo domingo, 26 de febreiro, e que conta xa con 1.809 persoas inscritas. Da proba, o edil destacou o seu carácter “saudable, lúdico e integrador, máis alá da visión competitiva das carreiras”, así como o seu arraigo, tanto na vertente máis profesional como das convocatorias máis populares, e igualmente a súa vocación integradora, –a carreira contará coa participación de seis atletas con cadeira de rodas ou handbike–, “na que levamos tempo traballando e que dalgún xeito a define”.

O medio maratón municipal presenta un circuíto de dúas voltas, nas que as e os atletas percorrerán os 21.097,50 metros dun trazado homologado pola Real Federación Española de Atletismo. A saída, que estará situada, no Obelisco, terá lugar ás 10.00 horas. As persoas participantes distribuiranse en cinco caixóns distintos, segundo os seus respectivos tempos nos 10 kme 21km.Así,mentresquenoprimeirocaixóndesaídaestaránoshomesquepercorranos10 km en menos de 33 minutos e os 21 km en 1 hora e 20 minutos, e as mulleres que fagan os 10.000 metros en menos de 40 minutos e 1 hora e 35 minutos o medio maratón, no último caixón, o número 5, situaranse aquelas persoas cuxos tempos sexan superiores aos dos anteriores caixóns –que se poden consultar na web www.coruna.gal/carreiraspopulares– , ou que non posúan marca. … Leer más

Coruñes de nacimiento, y amante de esta gran ciudad, trabajador en la industria del metal y fan de las nuevas tecnologías, gestiono webs y redes a nivel local, y pronto espero tirarme a proyectos a nivel internacional.

Puedes seguirme en las redes