Home » Exposición » Recent Articles:

RIALTA ACOGE ESTE JUEVES UN TALLER SOBRE COOPERACION INTERNACIONAL PARA ESTUDIANTES

noviembre 19, 2018 Exposición Comentarios desactivados en RIALTA ACOGE ESTE JUEVES UN TALLER SOBRE COOPERACION INTERNACIONAL PARA ESTUDIANTES

La Residencia Universitaria Rialta organiza este jueves un taller práctico sobre cooperación dentro de PROTEGE, un Programa de Sensibilización y Participación en Proyectos para la Infancia organizado por Rialta y la Asociación Participa para fomentar la participación de estudiantes en proyectos sociales. El taller se llevará a cabo en horario de 18 a 21 horas.

Impartido por expertos en cooperación internacional, los jóvenes tendrán la oportunidad de conocer los elementos e información relevantes para cooperar con garantías y seguridad, trámites, condiciones, criterios de selección de un proyecto… Además, se familiarizarán con la división de actividades, los cuadernos de campo, la toma de imágenes, los registros de actividad, informes y reportes… … Leer más

Coruñes de nacimiento, y amante de esta gran ciudad, trabajador en la industria del metal y fan de las nuevas tecnologías, gestiono webs y redes a nivel local, y pronto espero tirarme a proyectos a nivel internacional.

Puedes seguirme en las redes

 

A Deputación convoca un concurso de pintura mural contra a violencia machista

noviembre 15, 2018 Exposición Comentarios desactivados en A Deputación convoca un concurso de pintura mural contra a violencia machista

A Deputación da Coruña convoca, dentro do programa “Quen dixo medo?” da área de Igualdade, un concurso de pintura mural para sensibilizar contra a violencia de xénero. O prazo para presentarse remata o vindeiro 24 de novembro. A Deputación estima que máis de 6.000 persoas participen no programa que está a promover en corenta concellos de menos de 20.000 habitantes.

Con motivo da conmemoración do Día Internacional para a eliminación da violencia contra as mulleres o vindeiro día 25 de novembro, a área de Igualdade da Deputación da Coruña convoca o concurso  “Pintura mural QDM?”, unha iniciativa encamiñada a sensibilizar á sociedade sobre a necesidade de actuar contra a violencia machista. … Leer más

Coruñes de nacimiento, y amante de esta gran ciudad, trabajador en la industria del metal y fan de las nuevas tecnologías, gestiono webs y redes a nivel local, y pronto espero tirarme a proyectos a nivel internacional.

Puedes seguirme en las redes

 

A fotografía é a protagonista do cartel da terceira edición do festival DiversidArte que dá comezo este venres na Coruña

octubre 30, 2018 Exposición Comentarios desactivados en A fotografía é a protagonista do cartel da terceira edición do festival DiversidArte que dá comezo este venres na Coruña

iversidArte Festival das Artes Inclusivas​​, que se celebrará do 2 ó 17 de novembro na Coruña, ten como​ protagonista nesta terceira edición a fotografía​​. Das oito exposicións que se levarán a cabo, sete estarán adicadas a artistas ou colectivos representantes desta disciplina artística que presentarán as súas obras en diferentes espazos hosteleros da cidade co obxectivo de amosar á cidadanía diversas realidades nun entorno amable e de ocio.

“O Sorriso do Chimpancé”, resultado dun concurso de arte inclusiva levada a cabo pola propia ​plataforma DiversidArte​​ e que se amosou por primeira vez durante o verán na Fundación Emalcsa, forma parte tamén das exposicións do festival deste ano.

Os artistas ou colectivos e espazos seleccionados pola organización son os seguintes:Mohamed Said Hamdad​​, no Café de Macondo; ​NWN (Nos, Why Not)​​, no Valentín;​ Mar de Hilos​​, no Recuncho de Esmeralda;​ La Diapo​​, no Bâ-bâ Bar; ​Lázaro Louzao​​, no Fiandón;Chelo do Xastre​​, no Art-T Café; e ​Isabel López Frieiro​​, na Taberna La Estrecha.​ “O Sorriso do Chimpancé” ​​ocupará durante estes días un espazo en 15002 Ideas Coworking.

GALA DiversidArte

O día 9 de novembro, no ecuador do festival, terá lugar unha gala no Museo de Belas Artes da Coruña como celebración especial nestes días nos que a Plataforma DiversidArte, impulsada pola asociación sen ánimo de lucro Poten100mos, espalla arte por diferentes puntos da cidade. No evento entregaranse os premios dos concursos DiversimaCine e Diversía convocados polo festival e se amosarán os traballos gañadores polo que se proxectarán as pezas audiovisuais galardoadas e se recitará o texto premiado. Tamén haberá actuacións como a do colectivo venezolano Orinoco Danza y Tradición, e a do bailarín Ricardo Prado, entre outras.

O ​Festival DiversidArte​​, que este ano celebra a súa terceira edición, deu xa visibilidade a máis de 75 artistas con diferentes diversidades así como á importante labor que levan a cabo as diferentes entidades que traballan con colectivos diversos.

… Leer más

Coruñes de nacimiento, y amante de esta gran ciudad, trabajador en la industria del metal y fan de las nuevas tecnologías, gestiono webs y redes a nivel local, y pronto espero tirarme a proyectos a nivel internacional.

Puedes seguirme en las redes

 

A Concellería de Culturas pon en marcha a décima edición do ciclo Poetas Di(n)versos, “un referente en todo o Estado, especialmente dedicado este ano á igualdade de xénero”

octubre 14, 2018 Exposición Comentarios desactivados en A Concellería de Culturas pon en marcha a décima edición do ciclo Poetas Di(n)versos, “un referente en todo o Estado, especialmente dedicado este ano á igualdade de xénero”

O concelleiro de Culturas, José Manuel Sande, presentou a décima edición do ciclo de recitais Poetas Di(n)versos, “un dos fitos anuais da programación municipal que marca a diferenza, xa que se trata da única oferta estable e pública que acolle a poetas locais e internacionais de maneira regular en todo o Estado”. Nunha rolda de prensa, acompañado pola directora do programa, a tamén poeta e xestora cultural Yolanda Castaño, Sande recordou a aposta do seu departamento municipal “porque A Coruña sexa unha auténtica Cidade de Cultura, un obxectivo para o que é fundamental este ciclo que está, ademais, pegado á realidade e ao presente e que este ano ten un marcado carácter de xénero e de reivindicación”, explicou. O responsable municipal convidou a toda a cidadanía a acudir o vindeiro luns, 15 de outubro, ao Centro Municipal Ágora, onde ás 20.30 horas darase por inaugurada esta nova edición cun recital a cargo de Susana Sánchez Aríns e Joumana Haddad.

O ciclo Poetas Di(n)versos, que trata de facilitar á cidadanía o acceso á palabra lírica, desenvolverase sempre no Ágora a través de recitais completamente gratuítos de preto dunha hora de duración que celebrarán sempre en luns e até o mes de xuño. Sande chamou a atención sobre a importancia dun ciclo “que aposta ademais pola dignificación e a normalización do galego como lingua de alta cultura, xa que as e os poetas participantes declaman os seus versos tanto no idioma orixinal como en galego”. “Nuns tempos nos que vemos con asombro como aínda hai manifestacións de odio cara o noso idioma, cremos que a aposta por ciclos coma este é fundamental”, dixo.

… Leer más

Coruñes de nacimiento, y amante de esta gran ciudad, trabajador en la industria del metal y fan de las nuevas tecnologías, gestiono webs y redes a nivel local, y pronto espero tirarme a proyectos a nivel internacional.

Puedes seguirme en las redes

 

O Concello acolle a exposición ‘O Palacio da Cidade’, que conmemora o centenario do pazo de María Pita

septiembre 19, 2018 Exposición Comentarios desactivados en O Concello acolle a exposición ‘O Palacio da Cidade’, que conmemora o centenario do pazo de María Pita

​O pazo de María Pita acolle até o 18 de novembro a exposición ​O Palacio da Cidade, que conmemora o centenario dun edificio histórico e simbólico que foi inaugurado como Casa Consistorial, de forma oficial, en 1918. A apertura da mostra ao público terá lugar esta tarde, contra as 19.30 horas, nun acto que estará presidido polo alcalde, Xulio Ferreiro, e no que tamén participará o concelleiro de Culturas, Deporte e Coñecemento, José Manuel Sande. Segundo este último “trátase dunha exposición moi didáctica, que consta de 142 pezas procedentes fundamentalmente do arquivo municipal, con debuxos, planos, fotografías e documentos textuais para explicar, en dous capítulos, os antecedentes e a edificación do pazo municipal”.

A exposición fai un percorrido polo nacemento do pazo, xa dende o seu propio proxecto, obra do arquitecto municipal Pedro Mariño Ortega, e recorda as reformas que experimentou ao longo dos anos e que levan a autoría de profesionais como Santiago Rey Pedreira, autor das escaleiras de honra, ou Rodolfo Ucha Donate, encargado da ampliación da parte posterior. Sande, que manifestou que esta mostra “é tamén unha homenaxe a todas as persoas que, ao longo destes cen anos, traballaron de forma pública ou privada, con focos ou sen eles para lograr que a administración local funcione como a primeira porta de axuda á cidadanía”, salientou o traballo realizado polos e pola comisaria da exposición: o historiador Jeús Ángel Sánchez García, o arquitecto Miguel Abelleira Doldán, o conservador municipal, Jaime Oíza Galán, e a arquiveira do Concello, Mariola Suárez Rodríguez.

A exposición, que quedará aberta ao público na sala de exposicións do pazo municipal, poderá visitarse até o 18 de novembro, todos os días, en horario de 12.00 a 14.00 e de 18.00 a 21.00 horas. Para máis información sobre esta mostra así como outras actividades da Concellería de Culturas, pódese visitar o web ​www.coruna.gal/cultura​.

Coruñes de nacimiento, y amante de esta gran ciudad, trabajador en la industria del metal y fan de las nuevas tecnologías, gestiono webs y redes a nivel local, y pronto espero tirarme a proyectos a nivel internacional.

Puedes seguirme en las redes

 

Contacto y notas de prensa

600451894