A área de Benestar Social e Igualdade da Deputación da Coruña volve apostar polo apoio aos Servizos Sociocomunitarios Municipais cunha liña de financiamento dotada con sete millóns de euros. Con esta liña apoiase o programa social de 82 concellos de menos de 20.000 habitantes. Un total de 6.921.085 € é o orzamento co que a área de Benestar Social e Igualdade da Deputación da Coruña dota unha nova edición do Programa de Financiamento dos Servizos Sociocomunitarios Municipais co que os concellos contratarán persoal técnico para a área de servizos sociais. O prazo para presentar solicitudes remata o día 15 de febreiro ás 14:00. O programa ten como obxectivo asistir económica, técnica e xuridicamente, aos 82 concellos e corporacións municipais da provincia de menos de 20.000 habitantes. O novo plan de financiamento, do que ademais de concellos poderán ser beneficiarias as mancomunidades intermunicipais, as agrupacións e as fusións que constitúan entidades instrumentais dos concellos que exerzan competencias delegadas por estes, contará cun orzamento de 6.921.085,91 euros para o ano 2019, confirmándose o incremento de case tres millóns de euros con respecto á partida consignada no exercizo de 2017. “Con importante incremento experimentado o pasado ano quixemos reforzar as ferramentas e os recursos dos concellos para que podan promover as áreas de servizos sociais, fundamentais para acompañar ás persoas que máis o precisan”, sinala a deputada de Benestar Social e Igualdade, Ánxela Franco arredor dun cambio substancial nas axudas que supuxo, entre outras cousas, que os concellos puidesen contratar persoal técnico auxiliar administrativo o que supuxo unha mellora nos servizos permitindo que os profesionais de servizos sociais se puidesen central no seu ámbito específico de traballo. O incremento do pasado ano supuxo que un total de 279 profesionais -157 técnicas e 122 persoas do Servizo Asistencia no Fogar- pasaran a ser retribuídas directamente a través deste programa. “O cambio supuxo ofrecer un trato igualitario ás persoas independentemente dos concellos, achegando servizos a veciñanza e diminuíndo as diferenzas nun dos servizos máis importantes e necesarios”, explica Ánxela Franco. O programa aposta tamén, porque as persoas “profesionais dos Servizos Sociais dos concellos teñan unhas condicións laborais dignas e un salario xusto e axeitado”.

01/18/2019

O documental “El viaje de Carla” proxectarase este sábado, 19 de xaneiro, ás 20.00 horas, no Teatro Colón durante un acto organizado pola Deputación da Coruña que contará coa presenza da activista pola igualdade e …

Continue reading