Home » Trafico » Recent Articles:

CORTES DE TRÁFICO

noviembre 16, 2018 Trafico Comentarios desactivados en CORTES DE TRÁFICO

A Concellería de Mobilidade Sostible informa da afección ao tráfico que terá lugar nos vindeiros días con motivo das seguintes actuacións:

Apertura de gabia para canalización de pluviais

Do 16 ao 19 de novembro, en horario de 09.00 a 19.00 horas, producirase o corte parcial do tráfico dun carril da rúa Palavea, á altura do número 25, dándose tráfico alternativo con sinalistas. A Policía Local tomará relación dos vehículos afectados na zona de ocupación.

Traslado de báculo

O 18 de novembro, en horario de 09.00 a 11.00 horas, ocuparase o carril dereito, sentido entrada cidade, da avenida Linares Rivas. Haberá presenza policial polo apagado dos semáforos.

Pavimentación

Do 19 ao 23 de novembro, en horario de 09.00 a 18.00 horas, non se poderá acceder aos garaxes dos números 30 e 48 da rúa Palavea Vella (rúa sen saída). Comunicarase aos garaxes afectados.

Substitución da tubaxe de saneamento

Do 19 de novembro ao 14 de decembro, en horario de 09.00 a 18.00 horas, ocuparase a calzada do tramo da rúa Nicomedes Pastor Díaz entre as rúas Novoa Santos e Ramón y Cajal. A Policía Local tomará relación dos vehículos afectados na zona de ocupación.

Renovación de alumeado no Barrio de Matogrande

Do 19 ao 23 de novembro, en horario de 06.00 a 19.00 horas, substituiranse os báculos e as luminarias das seguintes rúas: Sebastián Martínez Risco, Juan Díaz Porlier, Luciano Yordi de Carricarte, Carlos Martínez Barbeito e Luís Quintáns Goyanes. Será precisa a ocupación da zona de estacionamento e o estreitamento da calzada, deixando en todo momento paso para o tránsito de vehículos. Respectarase a contorna escolar nos horarios de entrada e saída. A Policía Local tomará relación dos vehículos afectados na zona de ocupación.

Coruñes de nacimiento, y amante de esta gran ciudad, trabajador en la industria del metal y fan de las nuevas tecnologías, gestiono webs y redes a nivel local, y pronto espero tirarme a proyectos a nivel internacional.

Puedes seguirme en las redes

 

ESTE SABADO CONCENTRACION DE LOS EMPLEADOS DE ALCOA ¡UNETE!

noviembre 16, 2018 Trafico Comentarios desactivados en ESTE SABADO CONCENTRACION DE LOS EMPLEADOS DE ALCOA ¡UNETE!

Coruñes de nacimiento, y amante de esta gran ciudad, trabajador en la industria del metal y fan de las nuevas tecnologías, gestiono webs y redes a nivel local, y pronto espero tirarme a proyectos a nivel internacional.

Puedes seguirme en las redes

 

CORTES DE TRAFICO

noviembre 14, 2018 Trafico Comentarios desactivados en CORTES DE TRAFICO

A Concellería de Mobilidade Sostible informa da afección ao tráfico que terá lugar nos vindeiros días con motivo das seguintes actuacións:

Circulación de vehículos por zona peonil

O 14 de novembro, en horario de 08.00 a 12.30 horas, autorízase a circulación dunha unidade móbil de recoñecemento médico pola rúa Alberto García Ferreiro e o Parque de San Diego.

Execución dun carril-bici

Do 14 de novembro ao 5 de decembro, en horario de 08.30 a 19.00 horas, ocuparase a beirarrúa e o Carril Bus da praza de Ourense, sentido saída da cidade. Deixaranse en todo momento tres carrís de circulación libres e un paso peonil de dous metros de ancho. A parada de bus trasladarase, provisionalmente, ao número 1 da avenida Linares Rivas.

Mantemento de mediana axardinada

O 19 de novembro, en horario de 00.00 a 06.30 horas, ocuparase un carril de circulación, manténdose en todo momento paso para o tránsito de vehículos, dos seguintes tramos de vías:

  • –  Avenida Pérez Ardá entre Ramón y Cajal e avenida Monelos
  • –  Rolda de Nelle entre rúa Fernando Rey e rúa Alcalde Soto González
  • –  Paseo de Rolda entre Rolda de Nelle e rúa Fernando Macías

    Marcha polo Día internacional contra a violencia de xénero

    O 25 de novembro, de 20.00 a 21.30 horas, a marcha terá o seguinte percorrido: Obelisco, Cantón grande, Cantón Pequeno, Delegación do Goberno, praza de Ourense, rúa Fontán e praza de Galicia.

Coruñes de nacimiento, y amante de esta gran ciudad, trabajador en la industria del metal y fan de las nuevas tecnologías, gestiono webs y redes a nivel local, y pronto espero tirarme a proyectos a nivel internacional.

Puedes seguirme en las redes

 

Mobilidade destaca que o aumento da conectividade do bus urbano dende o Materno cara aos barrios da cidade “dá resposta a unha demanda histórica da veciñanza”

octubre 30, 2018 Trafico Comentarios desactivados en Mobilidade destaca que o aumento da conectividade do bus urbano dende o Materno cara aos barrios da cidade “dá resposta a unha demanda histórica da veciñanza”

O concelleiro de Mobilidade Sostible, Daniel Díaz Grandío, salientou a normalidade coa que discorre a primeira xornada de aplicación dos cambios introducidos nas liñas de transporte urbano 12, 12A e 17, que pasan a ter a súa cabeceira no Materno Infantil, de forma que o Concello amplía de forma notable a conectividade con este centro hospitalario. O edil, que fixo unha comprobación ​in situ​, salientou que, segundo as conversas mantidas tanto coa Compañía de Tranvías como coa propia Xerencia do Sergas, “a ampliación dos percorridos destas tres liñas de bus, así como a modificación do percorrido dos buses que paran no CHUAC, estase a levar a cabo sen incidencias reseñables, as habituais neste tipo de modificacións”. “Os despistes que se poidan producir por parte de usuarios iranse reducindo nos vindeiros días”, dixo o responsable municipal, que puxo en valor a importancia “do aumento de conectividade do Materno Infantil”. “Aplicamos un cambio demandado e de xustiza nestas liñas, favorecendo a conexión dos barrios da cidade con este importante equipamento”, explicou Díaz Grandío, que incidiu, ademais, en que “a modificación de paradas en todas as liñas que chegan ao Hospital Universitario, que deixan de facer un percorrido ao redor do centro sanitario, favorece tamén a operatividade dos vehículos de emerxencias que saen e entran ao Chuac”.

Grandío comentou que “as paradas de bus contan xa con información actualizada do novo trazado das liñas”, aínda que, de cara a reforzar o seu coñecemento, “a Policía Local estará especialmente presente neste ámbito durante estas xornadas”. “A Concellería de Mobilidade Sostible está a colaborar estreitamente cos servizos de seguridade municipais xa que, tan importante como ampliar as liñas de bus e dar servizo á poboación, é que os e as usuarias dos vehículos privados aparquen nas zonas habilitadas”, destacou. “É preciso que os e as condutoras sexan conscientes da necesidade de respectar os espazos tanto do transporte público como dos vehículos de emerxencia. Ademais do labor que está a desenvolver a Policía Local, está previsto afianzar nos próximos días a sinalización horizontal e vertical na zona para erradicar as prácticas de mal aparcamento”, anunciou.

Modificacións

Até esta xornada, tan só dúas liñas de autobús, a 20 e a 22, ambas circulares, chegaban ao hospital Materno. Agora, ademais destas, o espazo hospitalario queda unido co resto da cidade a través das liñas 12, 12A e 17, de forma que se gaña conectividade directa co barrio de Monte Alto, ademais de coa rolda de Nelle, Labañou, Catro Camiños, a zona baixa dos Rosais, a rolda de Outeiro e Os Castros.

Por outro lado, e de cara a favorecer a circulación dos vehículos de emerxencias no entorno do CHUAC, prodúcese a modificación das liñas que chegan ao Hospital Universitario da Coruña. Desta forma, a parada número 58, denominada Chuac-Urxencias, queda eliminada, xa que as diferentes liñas farán agora a súa parada na 59, Chuac-Glorieta. Pola súa banda, os autobuses 12, 12A e 17 contan con paradas na 275, Avenida da Pasaxe-Gasolineira, e na 293, Avenida da Pasaxe-Materno Infantil, que pasará a ser a de inicio do percorrido das liñas.

Coruñes de nacimiento, y amante de esta gran ciudad, trabajador en la industria del metal y fan de las nuevas tecnologías, gestiono webs y redes a nivel local, y pronto espero tirarme a proyectos a nivel internacional.

Puedes seguirme en las redes

 

O Concello activa hoxe un dispositivo de tráfico na cidade ante a celebración da manifestación contra o peche de Alcoa e a carreira ENKI

octubre 20, 2018 Trafico Comentarios desactivados en O Concello activa hoxe un dispositivo de tráfico na cidade ante a celebración da manifestación contra o peche de Alcoa e a carreira ENKI

​​O Goberno local pon en marcha no día de hoxe un dispositivo de tráfico debido á celebración de varios eventos, con peche de rúas, na cidade e recomenda á veciñanza que empregue o transporte público nos seus desprazamentos durante o día de hoxe, especialmente antes do mediodía. O departamento de Seguridade Cidadá ten establecido itinerarios alternativos para as zonas da cidade que se vaian ver máis afectadas debido á manifestación convocada polo cadro de persoal de Alcoa, que sairá ás 11.00 horas dende a praza da Palloza e rematará diante da delegación do Goberno, así como pola celebración da V Carreira Enki Galicia, que terá lugar entre as 16.30 e as 19.30 horas dende o Palacio de Deportes ata a enseada do Orzán.

Ante a previsión de afección ao tráfico durante a maña, os servizos municipais de seguridade pregan á veciñanza que opte polo transporte público para desprazarse pola cidade e recomendan que, entre as 11.00 e as 14.00 horas, se evite utilizar os accesos cara á praza de Ourense e a zona centro dende a avenida de Lavedra, do Exército e Linares Rivas.

Para o acceso á Cidade Vella e Monte Alto dende Lavedra, aconséllase tomar os desvíos cara á rolda de Outeiro e de Nelle, para dende alí acceder ao Paseo Marítimo con dirección a Monte Alto, praza de Pontevedra e San Andrés. Tamén se poderá empregar o acceso a Juan Flórez, Federico Tapia, praza de Galicia, Rosalía de Castro, Francisco Mariño, praza de Pontevedra, San Andrés e rúa Nova cara ao Paseo Marítimo, ou a estreita de San Andrés, Marqués de Pontejos e San Agustín. Dende a avenida da Pasaxe, recoméndase tomar os desvíos cara a rolda de Outeiro e de Nelle –a través de Ramón y Cajal– e polo Paseo Marítimo, con dirección a Monte Alto, praza de Pontevedra e San Andrés.

Para a saída dende a Cidade Vella e Monte Alto, en caso de corte de tráfico total na praza de Ourense, habilitarase nunha primeira fase a circulación a través de Entrexardíns, accedendo dende alí ao Cantón Grande para circular por Juana de Vega ou ben por rúa Compostela para tomar o itinerario de saída cada a Juán Flórez e avenida de Arteixo. Para o acceso á Ronda Real Club Deportivo (AC-14//V-14) o Goberno local aconsella que se empregue o acceso dende a Ronda de Nelle/Gregorio Hérnandez ou dende a avenida de Fisterra/Severo Ochoa, xa que a avenida de Bos Aires estará cortada dende as 07.30 horas no tramo que discorre dende o pavillón de Deportes.

Para os e as condutoras que se dirixan ao ensanche e Peixería dende Lavedra, o itinerario máis axeitado é por Castiñeiras e Federico Tapia. Desde Monelos, pola rúa Caballeros, Marqués de Amboage, Enrique Hervada, Castiñeiras e Federico Tapia. Para a saída de vehículos dende o ensanche, recoméndase a avenida de Fisterra ou Juan Flórez. Aos vehículos que queiran ir en dirección saída da cidade dende Pescaría, a Policía Local aconsella circular por San Andrés e praza de Pontevedra polo túnel cara a avenida de Fisterra ou Juan Flórez.

A celebración da quinta edición da carreira ENKI Galicia suporá tamén afeccións ao tráfico na zona de Riazor. Dende as 07.30 e ata as 21.30 horas haberá un corte total do tramo do Paseo Marítimo entre a glorieta das Escravas e a praza Portugal, desviándose o tráfico pola avenida Calvo Sotelo (sentido Millennium) ou pola rúa Manuel Murguía (sentido Torre de Hércules). A partir das 14.30 e ata as 20.00 horas, o corte do Paseo Marítimo estenderase desde a glorieta das Escravas até rúa Alta, desviándose o tráfico pola glorieta da rúa Sol (sentido rúa Hospital) ou pola rúa Almirante Eulate – Manuel Murguía (sentido Torre de Hércules). Manterase a saída de rúa Alta cara a rúa Socorro e Paseo Marítimo -Torre de Hércules. Neste mesmo horario tamén se suprimirá a parada de taxis da rúa Manuel Murguía.

Coruñes de nacimiento, y amante de esta gran ciudad, trabajador en la industria del metal y fan de las nuevas tecnologías, gestiono webs y redes a nivel local, y pronto espero tirarme a proyectos a nivel internacional.

Puedes seguirme en las redes

 

Contacto y notas de prensa

600451894