Home » Uncategorised » Recent Articles:

Alcaldes da provincia infórmanse na Deputación sobre novas fórmulas de colaboración co Catastro

octubre 12, 2018 Uncategorised Comentarios desactivados en Alcaldes da provincia infórmanse na Deputación sobre novas fórmulas de colaboración co Catastro

O presidente da Deputación da Coruña, Valentín González Formoso, e o director xeral do Catastro, entidade dependente do Ministerio de Facenda, Fernando de Aragón Amunarriz, inauguraron na sede da institución provincial unha xornada destinada  alcaldes e concelleiros da provincia sobre as novas formas de colaboración entre Catastro e concellos.

“É interesante que exista unha comunicación fluida entre concellos, Deputación e Catastro”, afirmou González Formoso, que agradeceu a presenza do máximo responsable do Catastro a nivel nacional para compartir esta xornada cos alcaldes da provincia da Coruña e explicar algunhas das novidades lexislativas no ámbito a raíz das modificacións introducidas pola Lei 13/2015 de Reforma do Catastro Inmobiliario. … Leer más

Coruñes de nacimiento, y amante de esta gran ciudad, trabajador en la industria del metal y fan de las nuevas tecnologías, gestiono webs y redes a nivel local, y pronto espero tirarme a proyectos a nivel internacional.

Puedes seguirme en las redes

 

O Concello mantén aberta, até o 19 de outubro, a convocatoria para participar na terceira edición do Programa Cultura Accesible e Inclusiva

octubre 11, 2018 Uncategorised Comentarios desactivados en O Concello mantén aberta, até o 19 de outubro, a convocatoria para participar na terceira edición do Programa Cultura Accesible e Inclusiva

A terceira edición do programa Cultura Accesible e Inclusiva xa está en marcha. A iniciativa, impulsada no ano 2016 polo Concello a través da Fundación Emalcsa, ten como obxectivo promover e facilitar a participación e o acceso das persoas con diversidades na vida cultural. Desde o pasado 1 de outubro, e até o vindeiro venres, día 19, estará aberto o prazo de presentación de proxectos para optar ás axudas, ás que se destinarán un total de 100.000 euros. Poderán optar ás mesmas entidades culturais que, en colaboración con asociacións vinculada ás diversidades, promovan iniciativas que supoñan o aumento da accesibilidade a lugares físicos ou virtuais nos que se ofrezan servizos culturais, a elaboración de materiais ou de programación cultural en formato accesible, ou que fomenten que as persoas con diversidades poidan desenvolver e empregar o seu propio potencial creativo, artístico e intelectual para o enriquecemento da sociedade.

A concelleira de Igualdade e Diversidade, Rocío Fraga, presentou onte pola tarde, nunha xuntanza aberta ás entidades do tecido cultural e social, as bases da presente convocatoria así como as novidades da mesma respecto as anteriores edicións. “De cara a este curso, queremos potenciar o desenvolvemento de proxectos que contribúan a inclusión social de colectivos especialmente vulnerables a través de alianzas de colaboración con entidades sociais, así como o fomento de iniciativas que contemplen, entre os seus obxectivos, a inclusión das persoas con diversidade nos eventos, e non só a accesibilidade aos mesmos”, explicou a edil na reunión, que se celebrou no centro cívico da Cidade Vella.

… Leer más

Coruñes de nacimiento, y amante de esta gran ciudad, trabajador en la industria del metal y fan de las nuevas tecnologías, gestiono webs y redes a nivel local, y pronto espero tirarme a proyectos a nivel internacional.

Puedes seguirme en las redes

 

Alumnos da Escola de Práctica Xurídica da USC realizarán prácticas nos concellos da provincia co apoio da Deputación da Coruña

octubre 6, 2018 Uncategorised Comentarios desactivados en Alumnos da Escola de Práctica Xurídica da USC realizarán prácticas nos concellos da provincia co apoio da Deputación da Coruña

O presidente da Deputación da Coruña, Valentín González Formoso, o reitor da Universidade de Santiago de Compostela, Antonio López Díaz, e o decano do Colexio de Avogados de Santiago, Francisco Rabuñal Mosquera, asinaron esta mañá, na sede da institución provincial, un convenio de colaboración para   o  financiamento das prácticas dos alumnos da Escola  de Práctica Xurídica da USC nos departamentos de urbanismo dos concellos da provincia.

O obxecto do protocolo suscrito é proporcionar as necesarias prácticas xurídicas aos licenciados en graduados en Dereito e alumnos da  Escola, que serán encargados da realización de estudos, informes, escritos e xestión de expedientes, o que lles  proporcionará un coñecemento directo, mediante    supostos concretos e reais, do traballo diario que se realiza   nos departamentos de urbanismo dos concellos. … Leer más

Coruñes de nacimiento, y amante de esta gran ciudad, trabajador en la industria del metal y fan de las nuevas tecnologías, gestiono webs y redes a nivel local, y pronto espero tirarme a proyectos a nivel internacional.

Puedes seguirme en las redes

 

LA RESIDENCIA RIALTA Y LA ASOCIACIÓN PARTICIPA SE ALIAN PARA FOMENTAR LA PARTICIPACIÓN DE ESTUDIANTES EN PROYECTOS SOCIALES

octubre 3, 2018 Uncategorised Comentarios desactivados en LA RESIDENCIA RIALTA Y LA ASOCIACIÓN PARTICIPA SE ALIAN PARA FOMENTAR LA PARTICIPACIÓN DE ESTUDIANTES EN PROYECTOS SOCIALES

La Residencia Universitaria Rialta acogerá durante todo este otoño PROTEGE, un Programa de Sensibilización y Participación en Proyectos para la Infancia organizado por la Asociación Participa. El proyecto, dirigido principalmente a estudiantes, aunque abierto al público, combina una exposición fotográfica con talleres y una mesa redonda y tiene como objetivo principal fomentar la participación de los estudiantes en proyectos sociales para la infancia.

La edición 2018 lleva por título INFANCIA REFUGIADA, y surge a partir del trabajo de cooperación en los campos de refugiados de Grecia, con niños y niñas de Siria, Irak, Afganistán, Irán, y otros países en conflicto. El programa, que se llevará a cabo hasta diciembre, se abre hoy con la exposición “Una semana y 243 días”: integrada por 37 imágenes que recogen las condiciones de vida de las personas desplazadas en un Campo de Refugiados en Grecia. Cada una de las obras muestra distintos momentos de la vida diaria de familias, especialmente las niñas y niños, que se han visto obligadas a abandonar sus hogares (afganos, sirios, kurdos, jazzidies, iraquíes, …) por conflictos armados. … Leer más

Coruñes de nacimiento, y amante de esta gran ciudad, trabajador en la industria del metal y fan de las nuevas tecnologías, gestiono webs y redes a nivel local, y pronto espero tirarme a proyectos a nivel internacional.

Puedes seguirme en las redes

 

O Concello celebra a semana de prevención de incendios con obradoiros prácticos abertos á cidadanía dirixidos a reducir o risco de lumes e actividades específicas para profesionais e escolares

octubre 2, 2018 Uncategorised Comentarios desactivados en O Concello celebra a semana de prevención de incendios con obradoiros prácticos abertos á cidadanía dirixidos a reducir o risco de lumes e actividades específicas para profesionais e escolares

O Concello inicia o vindeiro venres a programación da XIII Semana de Prevención de Incendios, en colaboración coa Fundación Mapfre, que este ano estará enfocada na detección rápida de lumes e o recoñecemento de situacións de riscos no entorno habitual da cidadanía, así como nas medidas básicas de autoprotección e actuación no caso de incendios. A concelleira de Igualdade e Diversidade, con competencias en Seguridade Cidadá, Rocío Fraga, salienta que as actividades programadas continúan a liña de acción do servizo municipal de bombeiros, que se centran precisamente na prevención. “As actividades desta semana visibilizan e sacan á rúa un traballo continúo do Goberno local para formar á poboación con coñecementos que permitan identificar e previr incendios nas casas, lugares de traballo ou outros espazos da vida cotiá e tamén as accións que se poden realizar no día a día para reducir o risco de lumes”, explica. O servizo de bombeiros levou a cabo o pasado ano 489 actividades de prevención, entre as que se contan a docencia, reténs, simulacros, visitas escolares ou a realización de plans e proxectos, o que sumou 5.805 horas de traballo o pasado ano. As actividades desta semana están dirixidas a escolares e persoal de empresas, da administración pública e técnico da materia, así como cidadanía en xeral.

A programación, que comeza o venres 5 e remata o martes 9 de outubro, está conformada por charlas divulgativas sobre a ordenanza municipal contra incendios, “a primeira que ten o Concello e que foi aprobada este mesmo ano”, sobre a nova lei de espectáculos de Galicia e respecto ao uso e manexo de extintores. Haberá tamén visitas a catro centros escolares da cidade, onde máis de 300 nenos e nenas terán a oportunidade de aprender como previr e manter as condicións de seguridade e autoprotección en caso de lumes ou a evacuación nos colexios, así como ao centro de atención a persoas con discapadidade (CAPD – A Coruña). Ademais, a praza de María Pita acollerá, de venres a martes, unha mostra fotográfica sobre a historia do corpo de bombeiros da cidade e un área de exhibición de material, con vehículos antigos e actuais do servizo, e atención de consultas para a cidadanía, un espazo no que haberá tamén actividades interactivas para os e as máis pequenas e obradoiros para o manexo de extintores e actuación no caso de incendios domésticos, reanimación cardiopulmonar e pautas a seguir en caso de accidentes de tráfico. “Trátase dunha programación práctica, na que se atenden as consultas ou dúbidas que poidan ter os veciños e as veciñas da cidade e na que se implican a moitos sectores para os que se ofrece tamén unha perspectiva máis profesional”, indica Fraga.

Coruñes de nacimiento, y amante de esta gran ciudad, trabajador en la industria del metal y fan de las nuevas tecnologías, gestiono webs y redes a nivel local, y pronto espero tirarme a proyectos a nivel internacional.

Puedes seguirme en las redes

 

Contacto y notas de prensa

600451894