Home » Uncategorised » Recent Articles:

Cinco bandas optan ao X Concurso Fran Pérez “Narf” da Deputación da Coruña

septiembre 27, 2018 Uncategorised Comentarios desactivados en Cinco bandas optan ao X Concurso Fran Pérez “Narf” da Deputación da Coruña

Néboa, Su Garrido Pombo, Zumaque Trío, Oh! Ayatollha e A banda da Loba son as cinco finalistas ao X Concurso Fran Pérez “Narf” da Deputación da Coruña. A final celebrarase na segunda quincena de outubro nun concerto en que participarán os cinco grupos que foron seleccionados polo xurado profesional.

O xurado composto por Brais Morán Mato, Isaac Gónzalez López, Mar Catarina Serantes, Xurxo Souto e a gañadora da anterior edición, Camille Hédouin, Mounqup, e presidido pola vicepresidenta e responsábel da área de Cultura da Deputación da Coruña, Goretti Sanmartín Rei, escolleu esta mañá as cinco bandas e artistas finalistas, entre as dezanove presentadas que competirán polo X premio Fran Pérez Narf da Deputación da Coruña. … Leer más

Coruñes de nacimiento, y amante de esta gran ciudad, trabajador en la industria del metal y fan de las nuevas tecnologías, gestiono webs y redes a nivel local, y pronto espero tirarme a proyectos a nivel internacional.

Puedes seguirme en las redes

 

O alcalde destaca a colaboración do Concello coa Federación de ANPA e salienta que os convenios para a realización de programas educativos aumentou nun 30% neste mandato

septiembre 25, 2018 Uncategorised Comentarios desactivados en O alcalde destaca a colaboración do Concello coa Federación de ANPA e salienta que os convenios para a realización de programas educativos aumentou nun 30% neste mandato

O alcalde da Coruña, Xulio Ferreiro, agradeceu o traballo que desenvolven as asociacións de nais e pais dentro da comunidade escolar. Así o fixo nunha visita á Federación provincial de ANPA na que estivo acompañado pola concelleira de Xustiza Social, Silvia Cameán. No marco do citado encontro, o rexedor referendou o compromiso do goberno local coa educación pública e recordou que as axudas do Concello a esta entidade para a posta en marcha de actividades destinadas ao alumnado medrou de forma significativa durante o actual mandato. En concreto, explicou que a administración local ten dous convenios coa federación, un para gastos de persoal e actividades formativas que medrou un 11% entre 2014 e 2017, até os 20.000 euros, e un segundo, destinado a programas educativos, deportivos, culturais e de mocidade que se incrementou no mesmo período en case un 30%, até os 440.000 euros.

Estas cantidades serven, entre outras cousas, para o financiamento dos programas educativos das ANPA do curso 2018/2019 que dividen a súa oferta entre o programa Cóxegas, o de Deporte no Centro ou o de Ocio educativo, así como os Campacoles que se levan a cabo durante os períodos non lectivos. Todas estas actividades pretenden aumentar as competencias do alumnado, facilitar a conciliación laboral e familiar e a integración e socialización dos e das menores. A concelleira Cameán tamén destacou entre as novidades deste ano, e dentro da liña de progresividade que aplica o executivo municipal, que os novos programas da Federación de ANPA serán gratuítos para as persoas beneficiarias das bolsas comedor, xa que o custo será asumido polo Concello.

… Leer más

Coruñes de nacimiento, y amante de esta gran ciudad, trabajador en la industria del metal y fan de las nuevas tecnologías, gestiono webs y redes a nivel local, y pronto espero tirarme a proyectos a nivel internacional.

Puedes seguirme en las redes

 

O Bloque preguntará por escrito no Pleno de outubro pola continuidade das actividades no Cárcere Provincial

septiembre 21, 2018 Uncategorised Comentarios desactivados en O Bloque preguntará por escrito no Pleno de outubro pola continuidade das actividades no Cárcere Provincial

O Bloque presentou unha batería de preguntas para a súa resposta por escrito para o vindeiro Pleno ordinario de outubro a respecto da continuidade das actividades que hoxe en día se están a desenvolver nas instalacións do antigo Cárcere Provincial.

As iniciativas foron presentadas logo de que a formación nacionalista mantivera unha reunión co colectivo Proxecto Cárcere que actualmente está a empregar o edificio do antigo penal en virtude do concurso realizado o pasado ano 2017 polo Concello da Coruña. … Leer más

Coruñes de nacimiento, y amante de esta gran ciudad, trabajador en la industria del metal y fan de las nuevas tecnologías, gestiono webs y redes a nivel local, y pronto espero tirarme a proyectos a nivel internacional.

Puedes seguirme en las redes

 

O BNG solicita ao Goberno local a retirada dun niño de avespa velutina do campo municipal da Leyma

septiembre 19, 2018 Uncategorised Comentarios desactivados en O BNG solicita ao Goberno local a retirada dun niño de avespa velutina do campo municipal da Leyma

O BNG vén de solicitar ao Goberno municipal a retirada con urxencia dun niño de avespa velutina detectado no interior do campo de fútbol da Leyma.

Deste xeito, as nacionalistas sinalan na súa iniciativa que este niño, localizado a tres metros, do propio campo onde se celebran adestramentos e competicións, ten mesmo na actualidade un valado perimetral que impide o achegamento da xente.

Tamén lembran desde o Bloque que hoxe en día estas instalacións son empregadas por máis de 250 rapazas e rapaces e máis 150 adultos que  acceden de forma cotián ao propio campo.

“Dáse a circunstancia que este niño está localizado na zona máis próxima aos edificios da contorna da propia instalación municipal, téndose xa rexistrada algunha denuncia por parte da veciñanza xa que logo non poden abrir as fiestras pola incidencia de varios abázcaros desta especie. É por isto que instamos o Goberno municipal a que realice as accións necesarias, e actúe á maior brevidade, para eliminar este niño de avespa velutina”, conclúe a formación nacionalista.

Coruñes de nacimiento, y amante de esta gran ciudad, trabajador en la industria del metal y fan de las nuevas tecnologías, gestiono webs y redes a nivel local, y pronto espero tirarme a proyectos a nivel internacional.

Puedes seguirme en las redes

 

A Deputación da Coruña conmemora os 40 anos da Constitución cunha exposición de caricaturas de Siro López

septiembre 19, 2018 Uncategorised Comentarios desactivados en A Deputación da Coruña conmemora os 40 anos da Constitución cunha exposición de caricaturas de Siro López

A Deputación da Coruña súmase ás conmemoracións do 40 aniversario da Constitución coa organización dunha exposición de caricaturas nas que o artista ferrolán Siro López recolle a súa particular visión acerca dalgúns dos episodios máis destacables da Transición española, dende a morte de Franco ata a victoria do Partido Socialista nas eleccións xerais de 1982.

A mostra, composta por 117 debuxos acompañados de textos explicativos do contexto histórico que describen, teñen entre os seus protagonistas ao Rey Juan Carlos,  Adolfo Suárez, Calvo Sotelo, Felipe González, Santiago Carrillo, Manuel Fraga Iribarne, Xerardo Fernández Albor ou Francisco Vázquez, e será inaugurada este xoves, 20 de setembro, ás 19.30 horas, na sala municipal de exposicións Salvador de Madariaga (Rúa Durán Loriga, 10. A Coruña),nun acto que contará con representantes do mundo político, cultural e institucional galego. … Leer más

Coruñes de nacimiento, y amante de esta gran ciudad, trabajador en la industria del metal y fan de las nuevas tecnologías, gestiono webs y redes a nivel local, y pronto espero tirarme a proyectos a nivel internacional.

Puedes seguirme en las redes

 

Contacto y notas de prensa

600451894