Home » Uncategorised » Recent Articles:

A Deputación da Coruña trasládalle ao director xeral da Memoria Histórica a urxencia de recuperar o Pazo de Meirás

septiembre 18, 2018 Uncategorised Comentarios desactivados en A Deputación da Coruña trasládalle ao director xeral da Memoria Histórica a urxencia de recuperar o Pazo de Meirás

A vicepresidenta da Deputación da Coruña, Goretti Sanmartín Rei, mantivo un primeiro contacto co director xeral da Memoria Histórica do goberno central, Fernando Martínez López, para transmitirlle os acordos da Xunta pola Devolución do Pazo de Meirás e a necesidade de recuperar o inmóbel para o patrimonio público. O director xeral, Fernando Martínez López comprometeuse a estudar o informe e a incluír o pazo de Meirás na axenda do departamento. Goretti Sanmartín propuxo dedicar a edificación á sede do Museo da Memoria Histórica.

O director xeral da Memoria Histórica do goberno central, Fernando Martínez López, tan xa na súa man os informes xurídicos e histórico elaborados por equipos dirixidos polos profesores Xabier Ferreira e Emilio Grandío por encargo da Deputación da Coruña a proposta da Xunta pro Devolución do Pazo de Meirás. A propia vicepresidenta da Deputación, explicou ao director xeral da Memoria Histórica, Fernando Martínez, o alcance dos dous documentos e a liña que abren a vía xurídica para conseguir que o Pazo de Meirás poda recuperarse para o patrimonio público, ao demostrarse a “simulación” dun contrato de compra para que o ben inmoble pasase a mans do ditador. … Leer más

Coruñes de nacimiento, y amante de esta gran ciudad, trabajador en la industria del metal y fan de las nuevas tecnologías, gestiono webs y redes a nivel local, y pronto espero tirarme a proyectos a nivel internacional.

Puedes seguirme en las redes

 

José Manuel Sande salienta “a dimensión popular e catalizadora” de Quincegotas, cuxa cuarta edición achegará a danza ás rúas de Eirís, Agra do Orzán e Cidade Vella

septiembre 12, 2018 Uncategorised Comentarios desactivados en José Manuel Sande salienta “a dimensión popular e catalizadora” de Quincegotas, cuxa cuarta edición achegará a danza ás rúas de Eirís, Agra do Orzán e Cidade Vella

A Coruña acollerá, entre os días 21 e 23 de setembro, a cuarta edición do festival de danza na rúa Quincegotas, iniciativa promovida pola Concellería de Culturas, Deporte e Coñecemento e que ten como finalidade achegar as artes do movemento a novos públicos ao desenvolver os espectáculos no espazo público. O concelleiro José Manuel Sande presentou esta mañá a proposta, “que recolle algúns dos aspectos que consideramos fundamentais dentro das políticas culturais do Concello, como é a expansión do feito artístico ou o emprego da rúa como elemento catalizador”. “Ao longo destes catro anos, Quincegotas ​afondou na deslocalización da súa programación, de calidade e variada, así como na ruptura dos espazos tradicionais, incorporando escenarios diversos e que permite popularizar a danza contemporánea nas rúas da cidade“, sinalou o edil. Así, nesta edición festival trasladará a súa acción ao Agra do Orzán, Eirís ou Cidade Vella, ademais de regresar ao Castelo de San Antón, a Praza de María Pita ou ao Concello de Oleiros, afondando no carácter metropolitano da proposta.

Outra das novidades deste ano será a incorporación de proxeccións audiovisuais e o diálogo con creadoras, como a exhibición do documental ​Fuera de Escena e posterior coloquio coa súa directora, Alejandra Aguirre; a posibilidade de participar nun obradoiro gratuíto de danza, impartido por Diego Sinninger; ou a creación do ​Espazo Alicerce​, no que intervirá o alumnado das aulas de danza de conservatorios, escolas e universidades para presentar o traballo de cada un dos centros convidados. Este “espazo de apertura”, como así o definiu Ramiro Neira, produtor do festival, terá lugar o domingo 23 de setembro, a partires das 17.15 horas, na Praza de María Pita.

… Leer más

Coruñes de nacimiento, y amante de esta gran ciudad, trabajador en la industria del metal y fan de las nuevas tecnologías, gestiono webs y redes a nivel local, y pronto espero tirarme a proyectos a nivel internacional.

Puedes seguirme en las redes

 

CORUÑA THE STYLE OUTLETS ACOGE LA EXPOSICIÓN ‘BACK AGAIN’ DEL JOVEN DISEÑADOR VÍCTOR REGUEIRO EN LA EXPOSTYLE DEL MES DE SEPTIEMBRE

septiembre 11, 2018 Uncategorised Comentarios desactivados en CORUÑA THE STYLE OUTLETS ACOGE LA EXPOSICIÓN ‘BACK AGAIN’ DEL JOVEN DISEÑADOR VÍCTOR REGUEIRO EN LA EXPOSTYLE DEL MES DE SEPTIEMBRE

Este fin de semana  ha tenido lugar en Coruña The Style Outlets la inauguración de una nueva edición del ciclo Expostyle, con la exposición ‘Back Again’.Se trata de la propuesta artística del joven diseñador Víctor Regueiro, que da a conocer su colección por primera vez en Galicia, desde que participó el pasado jueves día 6 de septiembre en la XXXIII edición de los Premios Nacionales de Moda para Jóvenes Diseñadores celebrado en el Círculo de Bellas Artes de Madrid. Se podrá visitar de manera totalmente gratuita hasta el 29 de septiembre en el Fashion Corner del centro outlet.

Es una colección  inspirada en los años 90, en la que predominan prendas muy versátiles combinadas con  tejidos denim y estampado tartán. El diseñador presenta cuatro estilismos de estilo relajado y oversizecon muchas influencias coreanas, londineneses y de los barrios más undergoundsde todo el mundo.

En palabras de Víctor Regueiro“Esta es una colección muy especial para mí ya que la diseñé cuando fui premiado con participar en la XXXIII edición de los Premios Nacionales de Moda para Jóvenes Diseñadores que se celebró en el Círculo de Bellas Artes de Madrid el pasado jueves. Salvo la gente que estuvo allí, nadie más tuvo la oportunidad de poder verla, casi podemos decir que esta es la puesta de largo de la colección ya que es la primera vez que la acerco al público. Agradezco a Coruña The Style Outlets que haya pensado en mí, y en esta colección, para la exposición de este mes”por su parte Ainhoa de Paz, gerente de Coruña The Style Outlets añade“Desde el centro outlet, y a través de la Expostyle, queremos dar soporte e impulso al gran trabajo que hacen los jóvenes artistas gallegos que destacan en diversos aspectos de la cultura, como en este caso, Víctor Regueiro, en el campo de la moda”

Coruñes de nacimiento, y amante de esta gran ciudad, trabajador en la industria del metal y fan de las nuevas tecnologías, gestiono webs y redes a nivel local, y pronto espero tirarme a proyectos a nivel internacional.

Puedes seguirme en las redes

 

O Monte de San Pedro acolle mañá, sábado 8, a segunda edición de ‘A Romaría’, unha iniciativa que difunde, dun xeito lúdico, a historia da Coruña e dos seus barrios

septiembre 8, 2018 Uncategorised Comentarios desactivados en O Monte de San Pedro acolle mañá, sábado 8, a segunda edición de ‘A Romaría’, unha iniciativa que difunde, dun xeito lúdico, a historia da Coruña e dos seus barrios

A convocatoria de axudas Cultura de Barrio presenta os primeiros proxectos socioculturais da súa última edición. Hoxe, sábado 8, celebrarase a segunda edición de ‘A Romaría’, unha iniciativa da Asociación Cultural Vibra e que ten como obxectivo dar a coñecer, dun xeito lúdico e aberto a todas as idades, a historia da cidade da Coruña así como dos barrios que a conforman. A xornada, que se desenvolverá entre as 13.00 e as 22.00 horas no Monte de San Pedro, ofrecerá charlas, microteatro, proxeccións, clases de baile tradicional e música ao vivo, ademais dun xantar en común.

A xornada comezará co folk fusión de GünterVan e o micro-teatro da compañía Teatro Sobre Ruedas, que ofrecerá pases cada 30 minutos. Contra ás 14.00 horas terá lugar un xantar de balde, que estará aberto ás achegas da veciñanza, no que haberá paella, café e xogos populares. A partires das 17.00 terán lugar as charlas ​Contos da Coruña, ​de Xurxo Souto, baseado no texto do autor e no que achegará historias populares dos barrios da cidade, así como ​Historia do asociacionismo feminino progresista da Coruña​, con Ana Romero Masiá, na que abordará as figuras das cigarreiras, salgadeiras, mulleres libertarias ou empacadoras. Tamén ás 17.00 horas terá lugar o primeiro pase do documental Esquece Monelos, de Ángeles Huerta, que recolle a historia do río soterrado baixo as rúas da cidade. Da película haberá dúas proxeccións –a segunda comezará ás 18.30 horas–, e para asistir será necesario reservar praza a través do teléfono 660.557.839.

Ás 18.00 horas celebrarase unha clase aberta de baile tradicional e, de seguido, a partires das 19.00, haberá unha actuación de Pandereteiras sen Fronteiros, previa á unha gran foliada. A xornada pecharase coas actuacións, ao vivo, do dúo conformado por Sabela Caamaño e Antía Ameixeiras, así como da banda irlandesa BOJ.

‘A Romaría’ é un dos 14 proxectos socioculturais promovidos polo tecido asociativo da cidade que obtiveron subvención no programa Cultura de Barrio,​ unha iniciativa coa que o Concello da Coruña pretende contribuír á descentralización da programación cultural da cidade, á vez que presta apoio ás entidades tradicionais, sociais, veciñais ou colectivos informais do termo municipal.

Coruñes de nacimiento, y amante de esta gran ciudad, trabajador en la industria del metal y fan de las nuevas tecnologías, gestiono webs y redes a nivel local, y pronto espero tirarme a proyectos a nivel internacional.

Puedes seguirme en las redes

 

O alcalde pídelle á Infraestruturas que “deixe de poñer escusas e de empregar un proxecto tan importante como a Intermodal para facerlle oposición ao Concello”

septiembre 6, 2018 Uncategorised Comentarios desactivados en O alcalde pídelle á Infraestruturas que “deixe de poñer escusas e de empregar un proxecto tan importante como a Intermodal para facerlle oposición ao Concello”

O alcalde da Coruña, Xulio Ferreiro, pediu de forma pública á conselleira de Infraestruturas da Xunta de Galicia, Ethel Vázquez, que “deixe de poñer escusas” a respecto da falla de capacidade que o goberno autonómico está a amosar para botar a andar o necesario proxecto da estación intermodal da Coruña. Nunha comparecencia ante os medios con motivo do inicio do curso nas escolas infantís municipais, o rexedor recordou que dende outubro do ano pasado “a responsabilidade de impulsar esta infraestrutura é da Consellería de Infraestruturas da Xunta de Galicia”. Así, e ante as recentes declaracións da titular desta área autonómica, o primeiro edil manifestou que “empregar un proxecto tan importante como a estación intermodal de San Cristóbal para facerlle oposición ao goberno local é unha irresponsabilidade enorme”.

“O Concello ofreceuse en distintas ocasións a pagar parte desa obra, na medida que lle correspondía, porque entendemos que é fundamental. Neste punto, se Vázquez non é capaz de dotar á Coruña desa infraestrutura, o que debería facer é dimitir e deixar que outra persoa saque adiante o proxecto. A Coruña non pode depender das políticas de bloqueo e do non. Agora, logo de meses sen facer nada do que lle correspondía, trata de botar as culpas a este Concello. O atraso é cousa da conselleira, polo que debería asumir a súa responsabilidade”, considerou. “Se conselleira de agora anuncia que se poden perder fondos europeos, o seu cometido é buscar outros. A Coruña non pode estar pagando as incompetencias de ninguén”, sentenciou o máximo mandatario local, que recordou que o Concello sempre mantivo a súa disposición de aboar as cantidades que lle correspondían.

… Leer más

Coruñes de nacimiento, y amante de esta gran ciudad, trabajador en la industria del metal y fan de las nuevas tecnologías, gestiono webs y redes a nivel local, y pronto espero tirarme a proyectos a nivel internacional.

Puedes seguirme en las redes

 

Contacto y notas de prensa

600451894