Deportes 05/02/2019

Cen escolares das comarcas da Coruña e Costa da Morte participaron esta fin de semana na Campaña de Esquí da Deputación

by Victor Lamela

Un centenar de nenas e nenos de entre 10 e 14 anos dos concellos de Arteixo, Cabana, Cambre, Carballo, Carral, Coristanco, Culleredo, Laxe, Laracha, Malpica, Mazaricos, Oleiros, Ponteceso e Santa Comba participaron en Cabeza de Manzaneda (Ourense) na segunda expedición á neve da Campaña de Esquí 2019, organizada pola área de Deportes da Deputación da Coruña.

Durante esta fin de semana, os escolares destes concellos coruñeses tiveron a oportunidade de iniciarse ou perfeccionar a práctica do esquí con monitores profesionais e participar en numerosas actividades deportivas e culturais que se organizan de xeito complementario.

 

500 nenos da provincia aprenden a esquiar coa Deputación

O deputado responsable de Deportes da institución provincial coruñesa, Antonio Leira, subliñou a “gran aceptación” coa que conta cada ano este programa, que ata mediados de marzo achegará a práctica do esquí a un total de cincocentos rapaces dos 93 concellos coruñeses.

“O obxectivo é promocionar a práctica do deporte e, ao mesmo tempo, fomentar a convivencia entre os rapaces”, sinalou o deputado, que lembrou que a próxima expedición partirá o 8 de febreiro con 100 rapaces da comarca de Ferrolterra.

A %d blogueros les gusta esto: