Conciertos 06/12/2019

CLAUSURA E FESTA FINAL EN TRIBUNA PÚBLICA

by Victor Lamela

Mañá xoves día 13 de xuño chega ao seu fin a programación socio-cultural de Tribuna Pública tras 6 meses de actividades.

Ás 21.00 horas terá lugar o acto de clausura, a cargo de José Manuel Sande, concelleiro de Cultura, Claudia Delso, concelleira de Participación, Silvia Longueira, directora da Fundación Seoane, e Juan de Nieves, coordinador xeral de Tribuna Pública.

No acto presentarase unha edición de libre difusión composta por unha serie de textos históricos sobre arte galega de Luís Seoane e Reimundo Patiño, comentados por Isaac Pérez Vicente e Manolo Figueiras.

Para rematar este acto de clausura de Tribuna Pública, celebrarse ás 22.00 horas un concerto gratuíto, a cargo da formación de hip-hop Malandrómeda.

A %d blogueros les gusta esto: