coruna 21st mayo 2019

COGAMI inicia curso de controlador de accesos en A Coruña dirixido a persoas con discapacidade

by Victor Lamela

As instalacións que COGAMI ten en A Coruña (Avenida de Cádiz, nº1, 1º andar, local 2) acollen un curso de Controlador de accesos que está dirixido a persoas con discapacidade en situación de desemprego e que están apuntadas na bolsa de emprego do Servizo de Intermediación Laboral (SIL) que ten a Confederación.

Esta formación, que financia a Consellería de Política Social, consta de 120 horas lectivas que se impartirán ata o día 17 de xuño, en horario de 9 a 14 horas, e está dividida nos seguintes módulos: Control de accesos, Lexislación sobre control de accesos, Primeiros auxilios e protección contra incendios, Calidade e atención ao cliente, Hixiene e seguridade no traballo, Novas tecnoloxías e informática e Módulo de prácticas profesionais non laborais.

No curso participan un total de 12 persoas, 7 homes e 5 mulleres, procedentes dos concellos de A Coruña, Arteixo, Oleiros, Culleredo, A Laracha e Carballo. Todas estas persoas comprenden idades de entre 25 e 54 anos, algunhas delas son persoas desempregadas de longa duración, polo que ven esta formación como unha oportunidade de reciclaxe e de achegamento ao mercado laboral.

 

 

A %d blogueros les gusta esto: