Uncategorised 11/08/2020

COMUNICADO DEL AYUNTAMIENTO A CAUSA DE LAS NOTICIAS DE QUE SE CONFINA LA CIUDAD

by Victor Lamela

O Goberno local, a través do seu voceiro Xosé Manuel Lage Tuñas, quere achegarlle unha mensaxe de tranquilidade á poboación como consecuencia do aumento de contaxios da Covid-19 na área sanitaria da Coruña durante as últimas xornadas.

“A nosa alcaldesa está en permanente contacto co conselleiro de Sanidade e co presidente da Xunta mais por agora a Xunta non adoptou aínda ningunha medida nova”.

Lage Tuñas envía “unha mensaxe de tranquilidade” pero entende “a lóxica preocupación das veciñas e veciños nunha pandemia que nin desapareceu nin reimitiu”.

Explicou hoxe que “a Xunta por agora non nos informou de novas medidas. O que sabemos é que están estudando a evolución da situación sanitaria na área da Coruña”.

“Se houber novas medidas por parte da Xunta de Galicia, desde o Concello da Coruña informarase a poboación con total transparencia a través das canles oficiais.”

Desde o Goberno local queren saír ao paso das mensaxes que “están circulando polas redes sociais”, que o único que fan é espertar a intranquilidade da poboación e xerar unha alarma que por agora non foi transmitida polas autoridades competentes. A Xunta non nos informou de ningún tipo de decisión”.

O voceiro do Goberno municipal asegura que “se as autoridades sanitarias (Xunta de Galicia) ditan novas medidas, o Concello da Coruña informará a poboación con total transparencia a través das canles oficiais” e que “non debemos de precipitarnos nin adiantarmos ningunha medida que até o de agora non está sobre amesa”.

Desde o Concello constatan que se está a traballar “en liña, de forma coordinada e apoiando as medidas que poñan sobre a mesa as autoridades sanitarias, que neste caso son a Consellería de Sanidade e, por tanto, a Xunta de Galicia”. “Hai unha comunicación fluída e permanente entre o conselleiro de Sanidade e a alcaldesa da Coruña”.

O voceiro asegura que este traballo de cooperación estase facendo “desde a prudencia e a tranquilidade, sen lle suscitar maior preocupación á poboación da que xa temos todas e todos”.

A %d blogueros les gusta esto: