Uncategorised 03/06/2020

COMUNICADO DEL AYUNTAMIENTO POR EL ENCIERRO DEL COMITE DE LA ANTIGUA ALCOA

by Victor Lamela

O Ministerio de Industria convocou finalmente a Mesa Técnica de Industria para o vindeiro 9 de xuño, reunión en que estarán presentes os comités de empresa de Alú Ibérica, Alcoa e de Partner. Durante todo o día, a alcaldesa, Inés Rey, mantivo unha comunicación constante coas persoas responsables do ministerio e tamén cos representantes do comité de empresa pechados durante toda a xornada no pazo municipal de María Pita. Rey, que solicitou esta reunión pola mañá, agradeceu o talante do ministerio ao convocar a mesa por petición do cadro de persoal e gabou a boa actitude do comité de empresa, que está traballando polo mantemento dos postos de emprego na nosa cidade.

​A rexedora lembrou tamén que a Xunta ten que asumir as súas competencias neste conflito laboral, que afecta seriamente á industria coruñesa.

Apuntou que o Goberno local estará sempre para defender a industria desta cidade e ao lado das e dos traballadores tal e como demostrou hoxe.

A %d blogueros les gusta esto: