Trafico 04/27/2019

CORTES DE TRÁFICO

by Victor Lamela

​A Concellería de Mobilidade Sostible informa da afección ao tráfico que terá lugar nos vindeiros días con motivo das seguintes actuacións:

Sinalización horizontal

Do 28 de abril até o 29 de abril, en horario de 22.30 a 06.00 horas, na avenida Fisterra, rolda de Nelle, praza de Ourense, avenida Porto e as Ánimas.

Traballos en fibra óptica

Do 28 de abril até o 3 de maio, en horario de 23.00 a 06.00 horas, na avenida Rubine, praza Pontevedra e rúa Juan Flórez. Algúns traballos realizaranse en horario diúrno: 15.00 a 20.00 horas. A Policía Local tomará relación dos vehículos afectados pola zona de ocupación.

Sinalización horizontal

Do 28 de abril até o 3 de maio, en horario de 22.30 a 06.00 horas, na rúa Ramón y Cajal e a avenida do Exército.

Fresado e pavimentación

Do 29 ao 30 de abril, en horario de 21.00 a 03.00 horas, no cruzamento das rúas Federico Tapia, Notariado e Menéndez Pelayo. O fresado terminará ás 00.30 horas.

Acometida na rede de sumidoiros

Do 29 de abril até o 3 de maio, en horario de 08.00 a 20.00 horas, á altura do número 9-11 da rúa Argentina.

Renovación de firmes

Do 29 de abril até o 3 de maio, en horario de 09.30 a 18.00 horas, no cruzamento das rúas Correlo con Muíño do Vento. Informarase os veciños afectados e sinalizarase no entroncamento coa DP-0512.

Substitución de tapa de pozo

Do 1 ao 2 de maio, en horario de 22.00 a 03.00 horas, á altura dos números 65 e 220 da avenida Fisterra. Darase tráfico alternativo con sinalistas.

Sinalización horizontal

Do 1 ao 2 de maio, en horario de 22.30 a 06.00 horas, na glorieta dos Bombeiros, avenida Fisterra, Estrada da Moura, rúa San Andrés-Mantelería e rúa San Roque.

A %d blogueros les gusta esto: