Ayuntamiento 25th noviembre 2018

Coruña en Negro

by Victor Lamela

A praza de María Pita acolleu este domingo unha concentración convocada pola Concellería de Igualdade e Diversidade en repulsa das violencias machistas e en apoio e solidariedade ás persoas que as sofren. O alcalde da Coruña, Xulio Ferreiro, foi o encargado da lectura do manifesto En Negro contra as Violencias Machistas, no que referendou o compromiso do Concello da Coruña na loita pola erradicación das violencias contra as mulleres “amosando, ademais, o noso firme rexeitamento contra as persoas que as exercen e contra a complicidade de quen as silencia”.

A %d blogueros les gusta esto: