Trafico 4th julio 2019

DENUNCIADO EN CORUÑA POR UTILIZAR DOS CICLOMOTORES CON LA MISMA MATRICULA PARA GUARDARSE EL SITIO PARA EL COCHE

by Victor Lamela

Unha dotación da Policía Local, seguindo unha denuncia veciñal, constatou que dous ciclomotores tiñan a mesma matrícula. Os vehículos, que estaban estacionados na zona de Orillamar cunha distancia duns 30 metros, estaban a nome da mesma persoa, un home de 46 anos, con domicilio na contorna. A patrulla trasladouse ao domicilio do propietario, que recoñeceu que efectivamente ambos os dous ciclomotres eran del e que un dos deles carecía de seguro e da ITV porque o utilizaba para reservar praza de estacionamento para o seu coche. A dotación inmobilizou e trasladou ao depósito municipal cun guindastre o vehículo que carecía de seguro e de placas de matrícula e denunciou perante o xulgado de garda ao titular por un presunto delito de falsidade de documento público.

A %d blogueros les gusta esto: