Deportes 18/08/2020

Deportes abre o prazo de alegacións á convocatoria de usos das instalacións deportivas municipais

by Victor Lamela

A Concellaría de Deportes anuncia a apertura do prazo de 5 días naturais para formular alegacións á convocatoria de usos das instalacións deportivas municipais, segundo dispón a base 9.2 que regula esta convocatoria.

O prazo comeza o día seguinte ao de se publicar na web de Deportes. Por tanto, o período para presentar alegacións abranguerá do 18 ao 22 de agosto (ás 23.59 h).

As listaxes pódense consultar na web de Deportes, no apartado de Convocatoria de usos das instalacións deportivas. Hai dous tipos de listas:
• usos de instalacións para actividade deportiva
• usos de instalacións para actividade física.

As entidades poderán identificar a súa solicitude en función do CIF ou NIF consignado na solicitude. As alegacións realizaranse remitindo un correo a deportes@coruna.es. Non se contestarán os correos electrónicos nin se poderán empregar para formular preguntas ou dúbidas. Atenderanse exclusivamente os correos enviados para emendar as solicitudes.

Máis información: https://www.coruna.gal/deportes/gl/instalacions/convocatoria-de- usos-de-instalacions-deportivas-municipais

A %d blogueros les gusta esto: