Sucesos 20th enero 2019

DETIDO EN CORUÑA POR UN DELITO DE INTIMIDACIÓN

by Victor Lamela

Ás 19.30 horas do día 18, unha patrulla da Policía Local que estaba a realizar funcións de vixilancia da Seguridade Cidadá foi comisionada pola Sala do 092 para que se trasladase á Avenida de Finisterre, onde ao parecer tiña lugar unha liorta entre dúas persoas. Unha vez alí, a dotación policial foi requirida por un home, o cal indica que deixara estacionado o seu vehículo na citada rúa para acceder posteriormente ao interior dun local comercial. Ao saír deste observa a unha persoa no interior do coche, que está a substraer diversos obxectos. Ao ser sorprendido, o home comeza a enfrontarse ao dono do vehículo, facendo ademan de coller algo dun peto, á vez que lle ameaza. Acto seguido comezou a liorta entre ambos, podendo apreciar o dono do coche que o outro home portaba unha navalla aberta nunha man, tratando de agredirlle con ela á vez que seguía ameazando. Nun momento ao agresor cáelle a navalla ao chan, e procede a devolver os obxectos que pretendía roubar. Ao pouco, un viandante que pasaba pola zona procedeu a mediar entre eles, levándose ao agresor ao interior dun bar próximo, á espera da chegada dunha dotación policial. Os axentes observaron que o vehículo presentaba danos no seu interior, e que, xunto ao mesmo, había unha navalla aberta tirada no chan. Por todo isto procédese á identificación e detención desta persoa, informándolle dos motivos da mesma así como os dereitos que lle asisten conforme á Lexislación Vixente. Trátase dun home de 45 anos, veciño da localidade de Carral, que foi denunciado ante o xulgado de garda por un delito de roubo con violencia e intimidación.

A %d blogueros les gusta esto: