Sucesos 7th diciembre 2018

DETIDO NOS MALLOS POR UN DELITO DE ROUBO CON VIOLENCIA

by Victor Lamela

Ás 04:15 horas da madrugada do día 4, unha dotación da Policía Local foi comisionada para que se trasladasen á avenida. dos Mallos, onde se estaba producindo unha pelexa. Cando chegaron, os axentes entrevístanse co requirente, que lles manifesta que se viu involucrado nunha pelexa con outras persoas e que, no transcurso, unha delas aproveitou para subtraerlle o teléfono móbil, quitándollo das mans. O solicitante presentaba un golpe nos beizos, que lle sangraban. Posteriormente ao relato, sinalou aos axentes a uns mozos como autores do roubo. Cando se aproximan a estes, observan como un deles oculta tras un vehículo un obxecto, que resultou ser un teléfono o cal foi identificado pola vítima como da súa propiedade. Os axentes procederon á detención da devandita persoa, sendo informada do motivo da mesma e os dereitos que lle asisten e sendo trasladado á Casa do Mar para recoñecemento médico e, logo, a dependencias policiais. O detido é un mozo de 19 anos de idade con domicilio nesta cidade. Foi denunciado por un delito de roubo con violencia, quedando a disposición xudicial nos calabozos policiais.

A %d blogueros les gusta esto: