Sucesos 2nd enero 2019

DETIDO NOS MALLOS POR VIOLENCIA MACHISTA

by Victor Lamela

Ás 21:15 horas do día 31, unha patrulla da Policía Local foi comisionada pola Sala do 092, para que se trasladase á avenida dos Mallos, onde un home estaba a agredir a unha muller. Xa no lugar, a dotación foi requirida por unha muller de 42 anos e veciña da cidade que se atopaba en estadio nervioso, manifestando que a súa parella lle propinara, momento antes, varios golpes no rostro, á vez que sinalou que xa fora agredida noutras ocasións. Dos feitos do día 31 hai unha testemuña que viu como o home estaba a propinar golpes e ameazas á muller. A patrulla procedeu a deter ao varón, de 36 anos e veciño da cidade, quen foi posto a disposición xudicial sendo denunciado por un delito de violencia de xénero.

A %d blogueros les gusta esto: