Sucesos 6th diciembre 2018

DETIDO POR UN DELITO DE LESIÓNS NO ÁMBITO FAMILIAR

by Victor Lamela

Ás 15:14 horas do día 4, unha dotación policial, que foi requirida a través da Sala do 092, trasládase a unha vivenda da zona do Agra do Orzan onde, segundo a chamada, estaba a producirse un episodio de malos tratos no ámbito familiar. Unha vez no lugar, a dotación policial atópase a catro mulleres, unha delas no sofá, sangrando abundantemente pola cara. Tamén hai restos de sangue polo corredor da vivenda. Tras entrevistarse cunha irmá da agredida, esta manifesta que, minutos antes, tiveran unha discusión entre ela, a agredida e a súa nai co marido da súa outra irmá, chegando este a golpear á muller que presentaba feridas cunha cadeira metálica no rostro. Tras isto, abandonou a vivenda. O relato foi confirmado polas outras mulleres presentes no lugar. Tras realizar varias xestións telefónicas conséguese que o presunto agresor acuda ao domicilio indicando e recoñecendo que tivera unha discusión coas súas cuñadas e a súa sogra, pero que “somentes se defendera”. A Policía solicitou a presenza dunha ambulancia, acudindo ao lugar unha medicalizada do 061, que trasladou á muller ferida ao CHUAC, ante as evidencias dunha posible fractura do tabique nasal. Por iso procedeuse á detención do presunto agresor, informándolle dos motivos da mesma, así como os dereitos que lle asisten conforme á Lexislación Vixente. Trátase dun home de 37 anos de idade e veciño desta cidade. Foi denunciado ante o xulgado de garda por un delito de lesións no ámbito familiar.

A %d blogueros les gusta esto: