Sucesos 02/28/2019

DETIDO POR UN DELITO DE VIOLENCIA DE XÉNERO

by Victor Lamela

Ás 21.45 horas do día 26, unha dotación policial, tras ser requirida a través da Sala do 092, trasládase á zona do Castrillón onde unha muller manifesta que a súa parella está a agredila. Unha vez no lugar, ábrelles unha muller coa cara ensanguentada e unha hemorraxia no nariz. Manifesta que vive coa súa parella, que chegou ebrio e tras insultala e ameazala propinoulle unha forte puñada na cara. A dotación diríxese ao cuarto de baño onde se atopaba o agresor e procede á identificación e detención desta persoa, un home de 59 anos, informándolle dos motivos da mesma así como os dereitos que lle asisten conforme á lexislación vixente. Tras decatarse de que estaba detido o home opúxose, facendo caso omiso das indicacións dos axentes de que depuxese a súa actitude, polo que tivo que ser reducido utilizando para iso a forza mínima imprescindible. Foi denunciado de oficio por un delito de violencia de xénero, quedando custodiado nos calabozos policiais a disposición xudicial.

A %d blogueros les gusta esto: