Sucesos 04/22/2019

DETIDO POR UN PRESUNTO DELITO DE VIOLENCIA DE XÉNERO

by Victor Lamela

Ás 17:26 horas do día 20 de abril, unha patrulla da Policía Local foi solicitada pola Sala do 092 para ir a unha rúa nas inmediacións do Campo da Leña, onde, segundo varias chamadas de testemuñas, unha parella estaba discutindo na vía pública de forma acalorada. Segundo soubo a dotación policial, xa no lugar dos feitos, e en base as declaracións das testemuás, nun momento da discusión, o home agarrou á muller de 21 anos de idade polo pescozo, lanzándoa contra a verxa dun establecemento e propinándolle un manotazo na cara. O home abandonou o lugar unha vez que as persoas que estaban presentes lle comunicaron que estaban a chamar a Policía. A versión foi ratificada pola propia vítima.

O home de 29 anos e veciño desta cidade foi detido no seu domicilio nas inmediacións. Manifestou que a moza coa que mantiña unha relación de parella desde había uns dous anos e que tiña chaves do domicilio accedera ao mesmo. Ao atoparse alí con outras dúas mozas entrou en cólera e comezou a esnaquizalo todo (incluído un televisor) polo que a sacou da vivenda e acompañouna ao exterior onde se produciu o forcejeo. Os axentes puideron constatar que a moza estaba chorando e tiña unha marca no pómulo dereito. Ponderando as circunstancias concurrentes os axentes procederon á detención do varón, sendo trasladado ás dependencias policiais e quedando custodiado nos calabozos a disposición xudicial e denunciado por un posible delito de violencia de xénero.

A %d blogueros les gusta esto: