Sucesos 05/28/2019

DETIDOS EN CORUÑA POR UN DELITO DE ROUBO CON FORZA EN VEHÍCULOS ESTACIONADOS

by Victor Lamela

Ás 16.22 horas do 27 de maio, unha patrulla da Policía Local foi comisionada por medio da Sala 092 para que se trasladase ao Polígono da Grela onde se producira un roubo nun vehículo. Unha vez no lugar, a dotación foi requirida por dúas testemuñas que relataron como viran como unha persoa fracturaba o portelo dianteiro dun vehículo estacionado e manipulaba a guantera e unha bicicleta que estaba na parte traseira. Ao verse sorprendido por esta testemuña, esta persoa abandonou o lugar en compañía doutra persoa, que aínda que non entrou no interior do vehículo, atopábase con el. Coa descrición física facilitada e coa colaboración doutra dotación policial, localizaron a estas persoas xunto a unhas vivendas abandonadas no Lugar de San José. No lugar tamén detectaron outro vehículo aberto do que a súa propietaria botou en falta unha mochila que non se puido localizar. O autor dos feitos, un home de 42 anos, foi denunciado por un delito de roubo con forza, e o seu acompañante foi identificado nas dilixencias xudiciais aos efectos de comprobar a súa responsabilidade penal.

Ás 00.15 horas do 23 de maio, recibíronse varias chamadas na Sala do 092 informando de que un individuo rompera o portelo esquerdo dun taxi estacionado na rúa Pla y Cancela e subtraera obxectos do seu interior. Ao lugar desprazouse unha dotación da Policía Local e entrevistouse cunha testemuña que fixo unha descrición física do autor dos feitos e sinalou que vira como tirara algo nunha papeleira. O condutor do taxi, que se desprazou ao lugar, botou en falta un caxetín de carga de moedas e un teléfono móbil preparado para ser utilizado co aplicativo para taxi. A patrulla efectuou unha batida pola contorna e recuperou o caxetín de moedas nunha papeleira e localizou ao home descrito pola testemuña nun caixeiro. Esta persoa identificouse como un home de 32 anos sen domicilio fixo e localizouselle, nun cacheo superficial, o terminal móbil que foi recoñecido polo condutor do taxi. O home foi detido e traslado a dependencias policiais.

A %d blogueros les gusta esto: