Sucesos 11th enero 2019

DOUS DETIDOS POR RESISTENCIA GRAVE E LESIÓNS A AXENTES DA AUTORIDADE NO EXERCICIO DAS SÚAS FUNCIÓNS

by Victor Lamela

-Ás 18.50 horas do día 10, unha patrulla da Policía Local foi comisionada pola Sala Operativa do 092 para que acudise á rúa Enrique Deiquit Hevia onde, ao parecer, había un vehículo que estaba a ocupar un vao. No lugar, puideron observar que había un vehículo estacionado en batería ocupando o vao do garaxe. A continuación, a dotación procedeu a denunciar o vehículo en cuestión e a comisionar continuación ao guindastre municipal para retirar o devandito vehículo ao depósito municipal, posto que estaba a obstaculizar a saída do garaxe. Unha vez que o operario do guindastre acudíu ao lugar, e cando tiña o vehículo cargado no guindastre, apareceu unha muller, de 32 anos, en estado moi alterado e con moita axitación, gritando que o seu vehículo estaba ben estacionado. A patrulla explicoulle a situación na que se atopaba o coche e que acudiran ao lugar a requirimento porque non se podía saír do garaxe. A muller foise amosando cada vez máis axitada e reclamaba que lle devolvesen o vehículo sen abonar as taxas ao tempo que tratou de subirse ao vehículo que estaba cargado no guindastre. Un dos axentes, co obxectivo de impedir que a muller accedese ao vehículo, púxose diante da porta do mesmo. A muller, de maneira moi agresiva, deu un forte empuxón ao policía pero sen conseguir acceder ao coche, polo que rabuñou a cara da policía producíndolle lesións no seu rostro, das cales tivo que ser atendida nun centro médico, e arrincou un cable do equipo de transmisión policial, que caeu ao chan quedando inservible. Tras a actuación do outro axente en auxilio do seu compañeiro, a muller asegurou que ía pagar as taxas pero que tiña que entrar no seu coche para poder facelo, xa que tiña o diñeiro no seu interior. Unha vez dentro, díxolles que non ía abonar ditas taxas e que non ía saír do seu vehículo. A patrulla cominouna en múltiples ocasións a que saíse do mesmo pero fixo caso omiso polo que procedeu a empregar a mínima forza imprescindible para lograr que saíse do coche. Procedeuse á súa detención non sen antes informándolle dos motivos da mesma así como dos dereitos que lle asistían en tal situación, sendo trasladada a dependencias policiais e quedando custodiada nos calabozos a disposición xudicial. Foi denunciada por un concurso de dous delitos: resistencia grave a axentes da autoridade no exercicio das súas funcións e lesións. O vehículo foi trasladado ao depósito municipal.

 

-Ás 10.20 horas do día 8, unha patrulla da Policía Local foi comisionada pola Sala Operativa do 092 para que acudise a un inmoble da Sagrada Familia onde, ao parecer, no portal había unha persoa ebria e que asustaba á veciñanza. No lugar, a patrulla observou a un home con evidentes síntomas de embriaguez, ao que requiriron para que os acompañase fóra do edificio ao que o home se negou en todo momento, mentres gritaba incoherencias. Requiríuselle varias veces que se identificase así como que saíse fóra, dado que non reside no inmoble. A dotación suxetouno por un brazo para convidalo a saír a rúa, xa que perdía o equilibrio. Unha vez na vía publica requiríronlle de novo que se identificase, negándose de novo e escupindo á patrulla para tentar marchase do lugar. O home conseguiu zafarse dos axentes e tentou marchar á carreira, pero caeu aos poucos metros debido ao seu estado de embriaguez. A dotación conseguiu darlle alcance e requerirlle de novo a documentación, ao que mantivo a súa negativa. Ao axudarlle a levantarse, o home agarrou a un dos axentes polo dedo pulgar da man, e retorceullo, polo que o policía tivo que acudir a un centro médico. Por todo o anterior, a patrulla procedeu á detención do home, de 40 anos, que foi informado dos motivos da mesma, así como dos dereitos que lle asisten como detido. Foi trasladado a dependencias policiais, onde quedou custodiado nos calabozos a disposición xudicial, Foi denunciado por un concurso de dous delitos: resistencia grave a axentes da autoridade no exercicio das súas funcións e lesións.

A %d blogueros les gusta esto: