Sucesos 12th diciembre 2018

DOUS DETIDOS POR VIOLENCIAS MACHISTAS

by Victor Lamela

– Ás 01.35 horas do 10 de decembro, unha patrulla da Policía Local foi comisionada pola Sala Operativa do 092 para que se trasladasen á rúa San Juan, onde ao parecer, unha parella estaba a discutir. Unha vez no lugar, a dotación foi requirida por unha persoa que manifestou ser un Garda Civil fóra de servizo, que relatou como, cando circulaba co seu vehículo, puido ver como un home zarandeaba a unha muller, polo que se baixou do vehículo e contactou con outro viandante, o cal lle dixo que dita parella xa estivera discutindo toda a tarde. A patrulla entrevistouse coa muller, de 24 anos, que manifestou que mantiña unha relación sentimental co home, de 32, e que durante a tarde do día anterior estiveran de festa pola rúa San Juan pero que esa tarde estiveran a discutir. A muller recoñeceu que fora zarandeada e que non era a primeira vez que isto sucedía, aínda que nunca presentara denuncia. Así mesmo, manifestou que a súa parella lle quitara o teléfono móbil e as chaves do seu domicilio. A patrulla requeriu ao home que lle devolvese as súas pertenzas pero este se negou, manifestando que o teléfono non o entregaría, xa que o comprara el. A dotación entregou o teléfono e as chaves á muller, comunicándolle que ambos quedaban no seu poder a expensas do que dispuxese a autoridade xudicial. O home foi trasladado ás dependencias policiais, onde se lle tramitou denuncia por un delito de violencia de xénero.

– Ás 10:57 horas do día 10, unha patrulla da Policía Local foi comisionada pola Sala Operativa do 092 para que acudisen a un domicilio da zona da Ronda de Nelle, onde ao parecer estábase A a producir unha agresión no ámbito familiar. No lugar contactaron coa muller que os requiriu, de 30 anos, a cal lles manifestou que acababa de ser agredida pola súa parella, quen lle dera un lapote no pómulo, o que se ocasionou unha lesión no ollo esquerdo. A muller manifestou, ademais, que no día anterior tamén fora agredida e que fora ao médico, presentando parte de asistencia, así como que a súa parella agredíaa habitualmente, aínda que ela nunca o denunciaba. A muller foi asistida no lugar por unha ambulancia solicitada polos axentes. Ao ser preguntada polo suposto agresor, manifestou que este fora a levar aos fillos da parella ao colexio, polo que a dotación policial chamou telefonicamente ao home, respondendo este que se presentaría no domicilio nuns 15 minutos. Á súa chegada, manifestou aos axentes que tivera unha discusión coa súa parella, o que considerou habitual, e que lle dera co brazo para zafarse dela, xa que, segundo contou, ela pretendía morderlle e rabuñarlle nas costas. Ponderando as circunstancias concorrentes, os axentes procederon á detención do home, tamén de 30 anos, que foi trasladado a dependencias policiais onde quedou a disposición xudicial denunciado por un delito de violencia de xénero.

A %d blogueros les gusta esto: