coruna 05/08/2020

El Ayuntamiento reparte entre los vecinos bonos con un valor de 1.670.000 para gastar en comercio, hostelería o cultura ¿Quieres saber como conseguir el tuyo? Mas info aqui

by Victor Lamela

A alcaldesa, Inés Rey, anunciou esta maña que o Concello pon en marcha a campaña de incentivos ao comercio, á hostalería e á cultura, “hoxe botamos a andar unha das medidas máis relevantes do Plan de reactivación económica e social da Coruña”. E lembrou que desde a aparición da COVI-19, o Goberno local leva mobilizados máis de 15 millóns de euros, “unha cantidade superior a calquera outra inversión levada a cabo polo concello en décadas”.

Trátase dunha campaña que mobilizará 1.670.000 euros, que chegarán de forma directa ao comercio de proximidade, á hostalería e á industria cultural da cidade, mediante a posta en marcha de bonos desconto: Bono 10 para comercio de proximidade por compras iguais ou superiores a 30 euros e Bono 5 para hostalería por compras superiores a 20 euros e Bono Cultura co que se poderá acceder a descontos do 40% en produtos culturais a partir dun gasto de 10 euros sen IVE para fortalecer o consumo e a industria cultural.

Rey sinalou que tras a liña de apoio ás persoas autónomas e ás microempresas, que leva 2.226 solicitudes, esta é outra das accións máis importantes do PRESCO coa que o concello quere contribuír a manter o tecido socioeconómico da cidade e estar cerca do pequeno comercio, da hostalería e da industria cultural neste momento tan complexo. “Somos conscientes de que o pequeno comercio e a hostalería son básicos para que a cidade teña vida e camiñe cara adiante e por iso toda a corporación estivemos de acordo en impulsarmos este plan que permite dinamizar este sector de actividade fundamental na Coruña”, dixo.

A rexedora quixo agradecerlle á FUCC (Federación Unión de Comercio Coruñesa), á Asociación Provincial de Empresarios de Hostalería da Coruña e á Fundación Emalcsa a súa colaboración para canalizar estes incentivos e “garantir que cheguen a todos os pequenos comerciantes e hostaleiros que participen na iniciativa, e a todas e todos os coruñeses de forma directa a través dos bonos desconto”, sinalou.

A alcaldesa firmou está mañá os convenios que regulan a xestión destas axudas. A FUCC xestionará un orzamento de 850.000 euros, a Asociación Provincial de Hostalaría disporá de 450.000 euros, mentres que Emalcsa xestionará os bonos cultura por un importe de 335.000 euros.

E, por último, fixo un chamamento a todas as microempresas e ás persoas autónomas destes sectores da cidade a se adheriren á campaña e a todas as coruñesas e coruñeses a descargaren os bonos desconto, que estarán dispoñibles a partir do luns 10 na web https://presco.gal/. E animou a toda a cidade a que participe na campaña para axudar o pequeno comercio e a hostalería, co obxectivo de que sigan sendo un dos motores principais da vida da cidade.

Pola súa banda, o edil de Facenda, José Manuel Lage, destacou o carácter pioneiro desta medida que “implica a toda a cidadanía e que non sería posible sen o liderado da alcaldesa que desde o principio da pandemia deulle prioridade ás persoas en situación vulnerable e de risco social”. Tamén sinalou que a campaña remata a finais de novembro para non coincidir coa campaña de Nadal e que a si a longo de estes meses é necesario se farán as correccións necesarias. Explicou que pódese adherir á campaña calquera empresa con establecemento permanente no termo municipal da Coruña en que a persoa titular sexa empresario/a individual ou cumpra os requisitos de microempresa e non participe en calquera outra campaña de Bonos do Plan municipal PRESCO. Quedan expresamente excluídos os entes públicos, as asociacións, fundacións, entidades sen ánimo de lucro, e aquelas empresas que formen parte dun grupo empresarial nos termos regulados no artigo 42 do Código de Comercio. Doutra banda, calquera cidadá ou cidadán maior de 14 anos residente na Coruña que se dea de alta na web. As/os menores de 18 non poderán trocar os bonos por compras de alcol ou tabaco.

GUÍA BONOS — Que teño que facer para adherirme?

1º paso: dáreste de alta na web www.presco.gal introducindo CIF, código postal, sector actividade PRESCO (comercio, hostalería ou cultura), teléfono móbil e correo electrónico. Automaticamente recibirán unha confirmación no móbil para completar o rexistro e terán que crear un usuario e un contrasinal coa que poderán entrar na web para engadir os datos da súa localización no mapa, consultar o histórico das súas vendas e bonos aplicados, ver detalle de cada operación ou ver liquidacións e aboamentos.

2º paso: descargar a aplicación Bonos Presco dispoñible en Android desde o 3 de agosto e en IOS desde o 10 de agosto para poder trocar os bonos. Entrar na app co seu usuario e contrasinal creado no anterior paso.

Como se trocan os bonos?

Cando unha persoa consumidora quere aplicar un bono á súa compra a/o comerciante ten que introducir na app o importe da compra e automaticamente apareceralle o desconto para aplicar (10 euros para compras iguais ou superiores a 30 euros en comercios, 5 euros para compras iguais ou superiores a 20 euros en hostalería, ou 40% da compra a partir de 10 euros sen IVE en establecementos adheridos ao bono cultura).

A/o usuaria/o debe mostrar o seu bono (código QR) e a app leo e descóntao.

Pódense devolver as compras nas que se trocaron bonos?

En ningún caso o importe destes bonos poderá ser trocado por diñeiro efectivo. En caso de devolucións, o importe do bono poderá ser trocado por outra compra ou gasto de prezo igual ou superior e nese caso a persoa usuaria asumirá a diferenza.

Quen pode descargar os bonos?

Calquera cidadá ou cidadán maior de 14 anos residente na Coruña que se dea de alta na web. As/os menores de 18 non poderán trocar os bonos por compras de alcol ou tabaco. Cada persoa recibirá un código QR co saldo que ten para gastar.Cada persoa poderá utilizar tres bonos. Un total de 105 euros.

Como e cando cobro os descontos?

Cada un dos establecementos en que se utilizaron os bonos, deberá emitir unha factura xustificativa á entidade xestora FUCC (Comercio), Asociación de Empresarios de Hostalería (Hostalería) e Fundación Emalcsa (Cultura) por importe igual ao dos bonos trocados. Coa presentación da primeira factura, deberase achegar o certificado de situación censual no IAE, para verificar que se cumpren os requisitos indicados anteriormente.

Cantos bonos podo trocar en total?

Cada establecemento de hostalería e comercio ten un tope de 3.000 euros e os de cultura de 5.000 euros para garantir un reparto equilibrado entre todos os establecementos.

Cando finaliza?

A campaña finaliza o 31 de novembro de 2020.

Correo electrónico e teléfono de consultas: bonos@presco.gal

A %d blogueros les gusta esto: