Uncategorised 02/28/2019

Elas Son Artistas. 2º Festival Metropolitano de música e artes pola Igualdade

by Victor Lamela

Elas son Artistas é un micro festival, un evento artesano de cultura , organizado por tres empresas galegas no que as mulleres creadoras son as protagonistas e no que buscamos a un público de mente aberta, que se achegue a diversas artes e diversos espazos. Incluso diversos estilos dentro da música, que é actividade na que ofrecemos máis propostas. 

Serán 9 días de actividades que van do 24 de maio ao 2 de xuño, día no que finaliza o Festival no Teatro Colón da Coruña coa actuación de Amparanoia.

Durante eses días ofrecemos 20 propostas que van dende a música punk ata a narración oral, un obradoiro de escritura terapéutica e creativa ou unha performance pictórica dunha artista sevillana inspirada en Emilia Pardo Bazán. Teremos monólogos, swing, folk galego, unha xornada profesional enmarcada no ciclo A Cultura é un dereito que organiza o Departamento de Cultura da Deputación da Coruña…

E todo iso circulando por seis concellos da área metropolitana de A Coruña e combinando propostas de pago (temos so 50 abonos dispoñibles a un prezo de 44€ ive incluido que se poden reservar a través de entradas@salamardigras.com) con outras de acceso libre. Un evento con artistas dende Estados Unidos, Portugal, México (ainda que afincada en Madrid), Catalunya, Madrid, Andalucía e moitas propostas galegas.

Elas Son Artistasnon se parece a case nada. Hai que vivilo e deixarse emocionar.

Lugares de celebración previstos: Eventos gratuitos nos concellos de A Coruña, Arteixo, Bergondo, Cambre, Oleiros e Sada.

Salas de concertos : Mardi Gras, Baba Bar, Garufa Club e Jazz Filloa.

Auditorio Forum Metropolitano de A Coruña.

Teatro Colón. Concerto de peche con Amparanoia.

Quen somos?

Produtriz Agency.Bea Camiña. Comunicadora cultural e impulsora da plataforma Queremos entrar en Galicia.

Yoltown S.L.Empresa adicada a representación artística e xestión da Sala Mardi Gras.

Dezdedez S.L.L.Empresa de economía social adicada á xestión cultural dende 1999 e responsable de múltiples proxectos no ámbito da cultura dende a sua fundación.

A %d blogueros les gusta esto: