General 02/05/2019

Emalcsa anuncia “operaciones de mantenimiento” que traerán más problemas de agua turbia

by Victor Lamela

Durante a xornada de hoxe, o persoal técnico de Emalcsa está a realizar operacións de mantemento no centro de transformación eléctrica dun dos bombeos de cabeceira da área metropolitana da Coruña. Estes traballos rutineiros, realízanse todos os anos e son necesarios para cumprir a normativa e garantir o bo funcionamento da planta, e quedarán concluídos nesta mesma xornada.

Non obstante, destas operacións poderían derivarse episodios puntuais de auga turbia ao longo do mércores 6 de febreiro. Poderían afectar aos concellos de Bergondo e Sada, parte de Oleiros e parte de Cambre. Emalcsa mantivo encontros previos con representantes destes municipios, cos que se está a coordinar para que as afeccións sexan mínimas.

De todos os xeitos, desde Emalcsa agradecemos o apoio da cidadanía e pedimos desculpas polas molestias que poidan darse. Débense ao noso compromiso de ofrecer sempre o mellor servizo público coa máxima calidade e seguridade.

A %d blogueros les gusta esto: