Deportes 02/12/2019

Emma Núñez García proclámase campiona de Europa

by Victor Lamela

Emma Núñez García do Karate-do Carballo proclamouse esta fin de semana campioa continental en Aalborg (Dinamarca), onde se celebrou o Campionato de Europa das categorías cadete, júnior e sub-21 . A carballesa formaba parte do equipo español de kata feminino da categoría cadete-júnior xunto coa valenciana María San Francisco e a andaluza Sabrina Saboy. Na final a españolas derrotaron a Italia, subindo deste xeito ao lugar máis alto do podium. A medalla lograda por Emma supón un fito histórico para o karate galego ao ser a primeira obtida nunha competición destas características.

A %d blogueros les gusta esto: