coruna 01/04/2012

Estado del incendio a las 19:30 – Nota de prensa de Consellería do Medio Rural e do Mar

by Victor Lamela

A Consellería do Medio Rural e do Mar informa da situación actual dos lumes rexistrados en Galicia, co repaso e actualización de datos.

  • A CORUÑA

ACTIVO

A Capela-A Capela (750 hectáreas)
Continúa activo o lume forestal que se iniciou onte sábado, ás 15:16 horas, no concello coruñés da Capela, na parroquia do mesmo nome. Neste incendio mantense, como medida preventiva, a declaración do “Nivel 1”.

Segundo as últimas estimacións provisionais, a superficie afectada é dunhas 750 hectáreas, das que 500 corresponden a monte arborado e o resto a raso.

O total acumulado de medios que traballaron e/ou seguen actuando na súa extinción son: 3 técnicos, 18 axentes forestais, 24 brigadas, 14 motobombas, 3 palas, 7 helicópteros e 7 avións, aos que hai que engadir os 286 efectivos mobilizados que forman parte da Unidad Militar de Emergencias (UME).

Estes militares actúan apoiados por 18 autobombas, 6 camións cisterna e uns 100 vehículos de comunicación e apoio. Son todos eles elementos de intervención pertencentes ao Batallón de Intervención en Emergencias V, con base en León.

CONTROLADO

A Capela-Cabalar (30 hectáreas)
Desde as 12:02 horas permanece controlado outro lume forestal na parroquia de Cabalar, no mesmo concello da Capela. Segundo as últimas estimacións, a superficie afectada se sitúa nas 30 hectáreas, das cales 25 son de monte arborado. Iniciouse ás 17:57 horas de onte sábado e na súa extinción traballaron 4 axentes forestais, 5 brigadas, 7 motobombas e 1 helicóptero.

EXTINGUIDO

Santa Comba-Santa Sabiña (45 hectáreas)
No concello de Santa Comba, parroquia de Santa Sabiña quedou extinguido desde as 13:40 horas de hoxe outro lume que comezara ás 00:34 horas da madrugada e afectou, segundo as últimas estimacións provisionais, unha superficie de 45 hectáreas. Na súa extinción traballaron 3 axentes forestais, 5 brigadas e 4 motobombas.

A %d blogueros les gusta esto: