coruna 13th julio 2018

Éxito das visitas guiadas ao Palacio Provincial da Deputación da Coruña no seu 30 aniversario

by Victor Lamela

A Deputación da Coruña segue a celebrar as visitas guiadas ao Palacio Provincial para conmemorar os seus 30 anos de vida trala súa inauguración o 8 de xuño de 1987.

A institución provincial está a desenvolver a campaña “30 anos do Pazo Provincial. Historia entre catro paredes”, co obxectivo de dar a coñecer as curiosas historias que esconden os muros dun edificio con máis de setenta anos.

O Palacio Provincial é a sede actual da Deputación da Coruña dende hai trinta anos pero, anteriormente, estivo destinado a acoller un hotel e unha escola de danza, entre outros fins.

A Deputación quere facer unha homenaxe ao Palacio a través das visitas guiadas que se celebran todos os xoves entre o 5 de xullo e o 6 de setembro ás 20:00 horas. Da man dun guía profesional, os visitantes poderán contemplar unha exposición fotográfica, percorrer as principais salas, disfrutar dunha vista panorámica dende as súas terrazas e descubrir as historias humanas vividas entre as súas paredes.

En total son dez as visitas guiadas que están programadas e nas que se prevé que poidan achegar a 200 persoas, 20 por visita, a descubrir a Deputación. As visitas que xa se levaron a cabo colleitaron un gran éxito e xa están comprometidas o 50% das prazas dispoñibles, o equivalente a 100 persoas, o que supón que ata o próximo 2 de agosto xa está todo cuberto.

Os visitantes que xa estiveron no Palacio Provincial puideron coñecer datos como o ano da construción do edificio, a súa historia e as funcións da Deputación, que moitos descoñecían. Ademais, puideron ocupar o escano dun deputado e coñecer o sistema de votación que se utiliza habitualmente nos plenos.

A %d blogueros les gusta esto: