coruna 7th abril 2018

Expertos de toda España analizan na Deputación da Coruña os retos de futuro da comunicación política

by Victor Lamela

A Deputación da Coruña acolleu unha xornada sobre comunicación política na que distintos expertos a nivel nacional como Daniel Ureña, director xeral de MAS Consulting e vicepresidente da Asociación Europea de Consultores Políticos; Luís Arroyo, presidente de Asesores de Comunicación Pública; Verónica Fumanal, analista política, ou Ícaro Moyano, xornalista experto en redes sociais, analizaronos retos de futuro da comunicación de políticos e institucións públicas.

A xornada, organizada en colaboación coa coa Fundación Democracia e Goberno Local (FDYGL), foi inaugurada polo presidente da institución provincial coruñesa, Valentín González Formoso, e o director da FDYGL, Ramón Camp i Batalla.

González Formoso destacou que a comunicación das institucións provinciais supón “un reto e unha oportunidade”, debido ao grande descoñecemento que a cidadanía ten sobre as funcións das deputacións, “un descoñecemento que conduce a cuestionar a utilidade e incluso a propia existencia das mesmas”.

Neste sentido, defendou que “o gran reto da comunicación nas deputacións, alén do cortoplacismo de difundir as accións concretas dun goberno, é lograr que os cidadáns coñezan e valoren o importante papel que as deputacións provinciais desempeñan á hora de crear e manter infraestruturas e servizos básicos, especialmente nos concellos máis pequenos, que contribúen a mellorar a calidade de vida das persoas”.

“En Galicia temos unha palabra específica para a choiva fina e persistente: orballo. Na Deputación da Coruña intentamos que a nosa comunicación teña a mesma consistencia que o orballo, formado por pequenas pingas que por sí mesmas non parecen ter demasiada importancia, pero que en conxunto van calando na cidadanía e facendo que a mensaxe permaneza”, afirmou o presidente provincial que sostivo que para manter este “orballo informativo” é preciso ter unha visión estratéxica clara e un obxectivo sobre o que queremos comunicar.

Pola súa banda, o director da FDYGL, Ramón Camp i Batalla, destacou o alto nivel dos ponentes e coincidiu con Formoso en subliñar a importancia de difundir entre a cidadanía as funcións que desenvolven as deputacións para apoiar aos municipios. “Hai servizos que non existirían, que se poderían prestar sen o apoio das deputacións”, afirmou.

Alcaldes, concelleiros e responsables de comunicación das administracións públicas da provincia participaron na xornada, na que se aboradron  cuestións de actualidade neste ámbito coma a construción dunha mensaxe política eficaz, as claves do liderado político, a comunicación a través das redes sociais, a comunicación no eido local ou a relación entre políticos e xornalistas.

A %d blogueros les gusta esto: