coruna 20th noviembre 2018

ExporPemes

by Victor Lamela

O alcalde, Xulio Ferreiro, e o concelleiro de Emprego e Economía Social, Alberto Lema, participaron hoxe na inauguración da quinta edición de Exporpemes, unha feira organizada pola Cámara de Comercio da Coruña, coa que o Concello colabora xunto con outras institucións no seu financiamento, que trata de fomentar a internacionalización do tecido empresarial e que este ano reúne a 200 firmas galegas con 70 importadores. O rexedor salientou a aposta do goberno local “por dotar ao tecido empresarial, emprendedores e entidades do sector” de ferramentas innovadoras, “que neste tempo son as que definen a mellora competitiva”.

Ferreiro recordou numerosas iniciativas implementadas polo Concello, como a convocatoria de axudas á promoción económica e á internalizacionalización, con liñas para pequenas empresas de recente creación e co traballo de asesoramento que se desenvolve nos viveiros empresariais da Grela e o Papagaio. Ademais, salientou o traballo que está a levar a cabo o departamento de Lema destinado a elaborar unha folla de ruta sobre comercio exterior da man da propia Cámara de Comercio, a Universidade, entidades do ámbito empresarial e o Consorcio de Turismo. Axuntamos fotografías do acto.

A %d blogueros les gusta esto: