coruna 08/16/2019

A Concellaría de Benestar Social e a Asociación Novo Mesoiro levan a sensibilización sobre o autismo ás festas do barrio

by Victor Lamela

A Concellería de Benestar Social e representantes da Asociación de Veciños de Novo Mesoiro chegaron a un acordo para poñer en marcha a próxima semana unha iniciativa encamiñada a concienciar a poboación das barreiras a que diariamente se enfrontan as persoas con autismo.A idea consistirá en “2 horas sen ruído” nas atraccións infantís que se instalarán nasfestas do barrio os próximos días 22 e 23 de agosto. Será de 18..00 a 20.00 horas.

As atraccións infantís, explican, non terán nin música nin sons para que as nenas e os nenos, as familias e a poboación en xeral se conciencien dos problemas das persoas con autismo, en especial as crianzas que se atopan con numerosas dificultades á hora de gozar dos seus dereitos e de formar parte plenamente da comunidade; barreiras cognitivas, pero tamén sociais. Deste xeito, as pequenas e os pequenos con este trastorno poderán gozar das festas e outras pícaras e pícaros terán a oportunidade de aprender a aceptar a diversidade.

A concellería quixo agradecerlle á veciñanza do barrio coruñés de Novo Mesoiro a súa sensibilidade cara a esta problemática, xa que foi a entidade veciñal a que se puxo en contacto coas feirantas e feirantes para poñer en marcha esta iniciativa de carácter social.

As persoas responsables da concellería comunicáronlles a iniciativa ás e aos representantes das entidades Aspanaes e Asperga que aplaudiron a medida por considerala muy beneneficiosa xa que, ás veces, as barreiras sociais son máis difíciles de derrubar.

A %d blogueros les gusta esto: