coruna 16/04/2019

“Foi unha lexislatura perdida para Galiza na que non se conseguiron acordos co goberno do Estado”

by Victor Lamela
“Foi unha lexislatura perdida para Galiza de cara a conseguir o traspaso de infraestruturas básicas como a AP-9 ou para que o Estado asumira a débeda do porto exterior da Coruña”, valorou esta mañá María Xosé Bravo, a número 2 da candidatura do BNG ao Congreso, nunha rolda de prensa co candidato a alcalde, Francisco Jorquera. A candidata nacionalista lembrou que “o voto dun deputado do PNV bastou para que a Deputación Permanente das Cortes españolas acordase a transferencia da xestión ao goberno vasco dunha autoestrada; do mesmo modo que a presión de deputados valencianos serviu para que o Estado asumise a débeda do porto de Valencia, algo que se nega a facer no caso da Coruña, mentres PP e PSOE mudan cada día de postura”.
“Foi unha lexislatura perdida tamén para a cidade”, engadiu Francisco Jorquera. “Perdida en canto as reclamacións ao Estado de devolucións de terreos actualmente en desuso, en canto ao traspaso da titularidade de bens e inmóbeis que mantén o Estado na Coruña”, dixo o candidato á Alcaldía e sinalou: “estou falando do antigo cárcere, nos terreos do campo da Estrada, pero tamén no cuartel de Atocha, hoxe en día cunha actividade que sería perfectamente posíbel noutras instalacións, liberando para seu uso público, un traspaso que sería de enorme importancia para a cidade”. Jorquera subliñou que un dos compromisos do BNG, “tanto desde o Concello como desde a representación que se alcance nas eleccións xerais”, é poñer esta cuestión “na axenda e reclamar o traspaso do cuartel de Atocha”.
A %d blogueros les gusta esto: