coruna 16/10/2018

González Formoso considera a Escola Coruña de Senegal como “un “proxecto emblemático das accións de cooperación exterior da Deputación”

by Victor Lamela

O presidente da Deputación da Coruña, Valentín González Formoso, recibiu no seu despacho da institución provincial á directora da Escola Coruña de Senegal, Aisstou Sylla, e ao responsable da ONG Ecodesarrollo Gaia, Guillermo Fernández-Obanza, cos que analizou a traxectoria e evolución deste centro escolar e asistencial creado hai 15 anos en Yoff (Senegal) e que dende entón ven contando coa colaboración da Deputación.

Na Escola Coruña estudan actualmente uns 120 nenos, nenas e adolescentes da localidade e  serve ademáis como centro sociocomunitario para a formación de adultos, dispensario de primeiros auxilios e sede da iniciativa “Coruña Cura”, un programa de atención médico-sanitaria despraza cada ano dende Galicia a esta zona a médicos e enfermeiras voluntarios que se ocupan de atender cuestións de saúde e promover hábitos saudables entre a poboación, segundo explicaron os responsables do proxecto.

Aisstou Sylla e Fernández-Obanza explicaron o funcionamento do centro e agradeceron o apoio da Deputación “sempre presente, dende o inicio do proxecto” para crear e facer crecer un centro de referencia, cuxa labor trascende o ámbito educativo.

Pola súa banda, Valentín González Formoso agradeceu a visita e comprometeuse a seguir mantendo o apoio da institución provincial a “un proxecto emblemático nas políticas de cooperación exterior da Deputación. Un proxecto que nos eche de orgullo porque asocia o nome da Coruña  a accións que cada día  contribúen a mellorar a educación, a saúde e as condicións de vida de centos de persoas”, afirmou.

A Deputación da Coruña destina este ano 110.000 euros a financiar proxectos de axuda ao densenvolvemento en diversos países de América Latina e África en colaboración con numerosas ONG e asociacións sen ánimo de lucro da provincia.

Ademáis de iniciativas como a Escola Coruña, o programa de cooperación exterior da Deputación financia actividades como o programa “Vacacións en paz para nenos saharauis ou un programa de acollida temporal durante o verán para nenos da rexión rusa de Briansk, onde aínda seguen patentes os efectos da catástrofe nuclear de Chernobil.

A %d blogueros les gusta esto: