coruna 16th noviembre 2018

González Formoso recibe na Deputación a unha delegación de alcaldes de diversas vilas europeas

by Victor Lamela

O presidente da Deputación da Coruña, Valentín González Formoso, recibiu esta mañá a unha delegación de alcaldes, alcaldesas e concelleiros/as de diversas cidades e vilas de Eslovaquia, Italia, Letonia, Lituania, Portugal e Hungría que ata o vindeiro día 18 de novembro participan no Concello de A Baña no proxecto europeo “A convivencia intercultural fortalece Europa”.

Xunto ao alcalde da Baña e deputado provincial, Andrés García Cardeso, o presidente recibiu no Salón de Plenos aos rexedores locais, aos que deu a benvida á Coruña e explicoulles a historia e as numerosas funcións de cooperación, apoio técnico e construción de infraestruturas que realiza a Deputación nos pequenos municipios coruñeses, como o caso de A Baña.

González Formoso desexoulles unha boa estancia en terras galegas e instounos a aproveitar a visita para “descubir o moito que a provincia da Coruña tén que ofrecer e contalo despois nos seus países de orixe”.

Como agasallo institucional, recibiron unha versión en inglés do libro “O Camiño inglés” editado pola Deputación da Coruña.

A %d blogueros les gusta esto: