coruna 01/12/2015

“Hoxe mudamos as cores sinistras pola policromía coruñesa que representa Álvaro Cebreiro”, destaca o alcalde no descubrimento da placa da rúa co nome do ilustrador

by Victor Lamela

O alcalde da Coruña, Xulio Ferreiro, acompañado de concelleiras e concelleiros e doutros membros da Corporación municipal, interveu na tarde deste martes nacerimoniadedescubrimentodaplacadarúaquedesdehoxelevaráonomedodebuxante e caricaturista coruñés Álvaro Cebreiro, en substitución do xeneral Emilio Mola, un acto que desenvolve o Goberno coruñés en aplicación da Lei de Memoria Histórica. “Por fin, ese nome vinculado á barbarie abandona o rueiro”, sinalou o alcalde, quen destacou o carácter “diametralmente oposto” do artista cuxo nome pasa a substituír nesta rúa da Peixería o do militar, un dos líderes do Golpe de Estado de 1936. “Cambiamos sangue por cultura, morte por vida. Mudamos as cores sinistras pola policromía coruñesa por excelencia que representa Álvaro Cebreiro”, salientou Ferreiro, quen lembrou que foi precisamente o golpe militar o que freou a traxectoria do ilustrador, do que o debuxante Siro López, que tamén interveu na homenaxe, destacou que foi “o gran caricaturista de Galicia”.

Na cerimonia interveu ademais Pilar Cebreiro del Río, sobriña do ilustrador, quen recordou os “14 anos de exilio” do seu familiar. Neste sentido, o alcalde quixo salientar o carácter simbólico da decisión de dar a esta rúa o nome do debuxante. “Para este Concello a elección de Álvaro Cebreiro resulta toda unha declaración de intencións. Temos no mundo das artes, do debuxo e da Memoria liñas de actuación que consideramos fundamentais”, resaltou, para referirse ao Centenario das Irmandades da Fala como “unha oportunidade para rescatar e poñer en valor á todo o potencial cultural que agromou na Coruña de hai un século”. “Fomos antes e somos agora cidade de vangarda, e de vangardas culturais soubo moito Álvaro Cebreiro”, puxo de relevo Ferreiro, quen destacou do artista o ter sido “un dos mellores expoñentes do talento artístico da cidade” durante o primeiro terzo de século XX, “que rexurdiu tamén grazas ás poderosas imaxes de Cebreiro, que recollían como ninguén o espírito popular da Coruña”.

No acto, que comezou coa música da agrupación musical Gaiteiriños, tamén se procedeu a cambiar a denominación da antiga praza General Mola, que pasa a ser Praza de San Andrés, en cumprimento da Lei de Memoria Histórica e en concordancia o acordado polo Pleno do Concello coruñés no ano 2009. Con estes cambios no rueiro coruñés, o Concello continúa a aplicar a Lei, como xa fixera o pasado 8 de outubro, data na que se descubriu a praca da praza das Atochas na que antes se chamaba praza de Millán Astray.

A %d blogueros les gusta esto: