coruna 07/13/2019

Inés Rey agradece o labor do Clube Torre SD pola inclusión social das persoas con discapacidade

by Victor Lamela

A alcaldesa Inés Rey acudiu xunto co concelleiro de Deportes, Juan Ignacio Borrego, á entrega de medallas das IV Xornadas Polideportiva de Deporte Adaptado dirixidas a mozos e adultos con discapacidades leves ou severas, que tivo lugar na Cidade Deportiva de A Torre, nun acto no que participaron trece persoas de Aspace (Atención á Parálise Cerebral de toda España) e que organizou o Clube Torre SD.

Ante a presenza do presidente do colectivo, Antonio Dubra, e a vicepresidenta, Mar Barcón, Rey destacou o labor do Clube Torre S.D pola súa implicación na procura da inclusión social das persoas con discapacidade a través dos campamentos.

Pola súa parte, Borrego manifestou que desde a Concellaría impulsarán este tipo de iniciativas que favorezan a integración por medio da práctica deportiva.

A %d blogueros les gusta esto: