Uncategorised 07/18/2019

Inés Rey anuncia o seu compromiso para impulsar os museos científicos como sinal de identidade da cidade

by Victor Lamela

A alcaldesa, Inés Rey, anunciou o seu compromiso para relanzar os museos científicos como aceno de identidade da cidade para que volvan ser un referente educativo, de lecer e turístico. Os museos, recalcou, deben renovarse constantemente para ofrecer novos contidos quesorprendan aos visitantes. “Debemos potenciar de novo o seu protagonismo na cidade”, apuntou a alcaldesa durante o acto de inauguración de exposición “Bocados”, que tivo lugar na Domus e na que estivo acompañada polo concelleiro de Educación, Jesús Celemín, e a concelleira de Turismo, Diana Cabanas.

“A recuperación dos museos científicos forma parte do proxecto de cidade que ogoberno local ten para A Coruña. Un proxecto que o executivo quere sacar adiante ao longo deste mandato, e no que quere contar como aliados coa Universidade econ institucións públicas e privadas da cidade”, apuntou Rey.

Un compromiso, dixo, que se verá reflectido en investimentos para manter e mellorar as instalacións actuais e poñer en marcha un plan de renovación dos contidos e módulos dos museos co obxectivo de que sexan centros de debate, focos de divulgación científica.

Neste sentido, destacou a importancia de proxectos de produción propia como a exposición “Bocados” que “supón unha importante renovación dos contidos permanentes do museo” e, ao mesmo tempo, pon o foco na necesidade de poñer enmarcha medidas que convertan A Coruña nunha cidade máis acolledora e sustentable.

En canto ao contido da exposición, Rey indicou que segue a liña que ten que instaurarse na cidade en materia de sustentabilidade. “Unha mostra que nosconvida a reflexionar sobre a maneira de combinar unha alimentación correcta cocoidado do noso planeta”.

Para iso, dixo, debemos pensar en global e actuar en local con medidas eficaces e con campañas educativas. Por iso o Concello abre a porta ás empresas innovadoras que queiran achegar a súa visión aos proxectos do goberno local.

A %d blogueros les gusta esto: