coruna 07/07/2019

Inés Rey: “É responsabilidade da administración pública dar ou máximo apoio a dúas institucións como son o Club de Leones Marineda e a Cociña Económica, que traballan desde hai décadas por colectivos e persoas sen recursos”

by Victor Lamela

A alcaldesa da Coruña, Inés Rey, acompañada de varios conceleiros de goberno e da Corporación, acudiron á Cociña Económica a un acto solidario organizado polo Club de Leones Marineda.

“Hoxe estamos 40 comensais sentados a unha mesa que se traducirá en fondos para estas persoas. Contan desde a Cociña Económica que teñen que redobrar esforzos desde un tempo a esta parte para poder atender a todos a demanda que reciben nesta sede de Cordelería. É responsabilidade da administración pública dar ou máximo apoio a dúas institucións como son o Club de Leones Marineda e a Cociña Económica, que traballan desde hai décadas por colectivos e persoas sen recursos. Non é casualidade, por tanto, que o Club de Leones escollera esta casa para estender a súa solidaridade hoxe, colaborando as dúas nos mesmos proxectos”, apuntou Rey.

Ao acto asistiron Ramón Mella, presidente do Club de Leóns; José Manuel Dapena, vicepresidente; Roberto Luís Moskowich, gobernador; Jacinto Torres, presidente da Cociña Económica; exalcalde José Manuel Liaño Flores; e as concelleiras Mayte Gutiérrez e Mónica Martínez.

A %d blogueros les gusta esto: