Deportes 21/12/2018

IX TROFEO TERESA HERRERA DE KARATE FEMININO

by Victor Lamela

O 22 de decembro de 2018, a cidade da Coruña acolle a celebración do IX Trofeo Teresa Herrera de Karate Feminino,

Nesta edición contarase cun destacado cartel de participantes, con preto de 50 deportistas. Á selección galega como anfitriona, hai que engadir a participación das seleccións de Asturias, Cantabria e Castela-León.

Galicia participará cunha selección integrada por 24 deportistas pertencentes aos clubs San Francisco Teo (Teo), Akai Ryu (Negreira), Shihan (Lugo), Karate-do Carballo (Carballo), Renbukan (Ferrol), AD Santiago Apostol (Narón), Artes Marciais Fene (Fene), River Stone (O Barco de Valdeorras), Bunkai Sport (Ferrol) e ESK Narón (Narón).

As modalidades de competición serán kata e kumite individual nas categorías infantil e xuvenil. Ao remate, como xa vén sendo tradicional, outorgarase o Trofeo Torre de Hércules á selección que obtivera maior número de medallas de ouro na competición.

A competición terá lugar no Pavillón Municipal San Francisco Javier a partir das 17:30 horas. A entrada será de balde.

A %d blogueros les gusta esto: