Deportes 12th noviembre 2015

José Manuel Sande presenta ‘Quincegotas’, o festival de danza na rúa que “contribuirá a normalización do feito artístico” e á creación de “novos públicos” das artes do movemento

by Victor Lamela

O concelleiro de Culturas, Deporte e Coñecemento, José Manuel Sande, presentou na praza de María Pita Q uincegotas, o I Festival de Danza na rúa da Coruña que terá lugar nas zonas máis con corridas dacidadeosdías27,28e29denovembro e no que participarán 11 compañías de Galicia e de fóra da comunidade. “O evento responde á proposta e idea do Goberno local”, destacou o edil, a través da “descentralización” da súa programación, o emprego do espazo público para a realización das actividades, ademais do fomento “da interacción e participación” do público fóra dos circuítos habituais. Segundo salientou o responsable de Culturas a celebración da do evento na rúa, que incorporará a choiva como un elemento máis do espectáculo, “contribuirá á normalización do feito artístico” e á creación “de novos públicos” das artes do movemento, “ampliando o paradigma” da actividade de danza na cidade, “no tan nutrida como nos gustaría” e que nestes intres conta cunha programación “moi estimulante” a través do ciclo de danza contemporánea TRC Danza do Teatro Rosalía Castro. “Con este Festival continuaremos celebrando un outono cheo de actividades que amosarán a personalidade propia da Concellería de Culturas”, afirmou o responsable da área.

unnamed

A coordinadora do Festival, Estefanía Vázquez, destacou a incorporación da auga como “un 1 elemento artístico máis” nas pezas “pero sen incomodar ao público”, de forma que, se chove, “non se suspenda” o encontro e a xente “poida resgardarse” mentres ve a actuación. Así, os 14 espectáculos da primeira edición de Quincegotas distribuiranse en concorridas zonas de lecer durante a última fin de semana de novembro. “O obxectivo é que a xente goce da danza mentres fai o propio no seu tempo de lecer coa familia”, sinalou Vázquez. Deste xeito, as representacións do venres terán lugar “na zona dos viños, nas rúas Barrera ou Franxa”, o sábado “en espazos máis comerciais como a praza de Lugo ou Vigo” e o domingo na zona do Campo da Leña.

Quincegotas c ontará coa participación de 11 compañías galegas e de fóra da comunidade “que traballan con éxito no mundo da danza como Moveo”, salientou a coordinadora. Algunhas, como Entremáns, Lisvet Barcia ou Alba Fernández, estrearán pezas durante esta primeira edición do festival, na que participarán preto de 40 artistas.

Toda a información da programación e das compañías participantes estará dispoñible na web www.quincegotas.com

A %d blogueros les gusta esto: