coruna 05/02/2016

José Manuel Sande salienta o apoio do Concello á música e lembra que ningunha entidade “é propietaria da ópera na cidade”

by Victor Lamela

O responsable de Culturas, Deporte e Coñecemento, José Manuel Sande, destacou esta mañá o compromiso do Goberno local coa música e as artes ao vivo na cidade ao lembrar que a achega do Concello da Coruña ao Consorcio para a Promoción da Música “é a máis alta de todas, con diferencia”. Sande indicou que o executivo coruñés “actúa como mediador entre todas as partes implicadas” na organización da Temporada Lírica para acadar unha solución “e evitar que calquera institución ou entidade se sinta patrimonio ou propietaria da ópera na cidade”.

O edil tamén avanzou que a vindeira semana haberá unha xuntanza de traballo “sen presións”. “Vimos dunha mala maneira de facer as cousas, de contratación sen fondos e con desorganización que non procede”, explicou Sande, quen lembrou que o Concello viuse “obrigado á salvar” a Tempada de 2015 coa colaboración da Deputación”. “Desde o Goberno local entendemos que hai outra maneira de facer as cousas”, expuxo Sande, quen sinalou que a folla de ruta “pasa pola procura de patrocinios e outras fórmulas de financiación, como xa existiu no pasado”.

A %d blogueros les gusta esto: