coruna 14/10/2020

Marea Atlantica reunese coa ANPA do CEIP de Novo Mesoiro

by Victor Lamela

Se realizou unha xuntanza das concelleiras María García, voceira da Marea Atlántica; Iago Martínez, vicevoceiro; e Silvia Cameán mantiveron coa ANPA co CEIP de Novo Mesoiro. Puideron constatar que o colexio, inaugurado este curso con escasa planificación o e cunha longa lista de deficiencias. Este xoves, na Comisión de Educación do Concello, Marea Atlantica trasladara as súas demandas.

A Xunta non cumpre. Un mes despois de comezar as clases, seguen sen WiFi no centro. Falta moitísimo material dixital, non hai parque infantil no patio, e seguen a facerse obras mesmo en horario de comedor.  A pesar das reclamacións da ANPA, o alumnado de segundo de primaria acumúlase nunha soa aula, pese a que existe unha segunda que está pechada, e pese a que conviven varias nenas e nenos con necesidades educativas especiais, moitas delas sen valorar aínda. Todo por non contratar profesorado. O centro carece de persoal de Audición e Linguaxe, a pesar de que hai menores que o necesitan. E ten unha orientadora compartida co colexio Manuel Murguía, que só pasa por Novo Mesoiro tres días á semana, claramente insuficientes nun centro con 300 estudantes.

O Concello tampouco está a cumprir. O goberno municipal prometeu dúas prazas de conserxería e só hai unha, que non é quen de atender a todas as demandas dun centro que segue en construción.

A %d blogueros les gusta esto: