coruna 07/04/2020

Medio Ambiente doa equipos de protección individual para o persoal do Chuac

by Victor Lamela

A Concellería de Medio Ambiente e Sustentabilidade fixo unha doazón de equipos de protección individual para os e as profesionais do Chuac. Desde o inicio do estado de emerxencia distintas empresas fixeron chegar á concellería non só o seu desexo de contribuír de modo activo a todo tipo de actuacións que axuden a paliar está pandemia, senón que tamén fixeron entrega de diferente material destinado ao persoal traballador que está en primeira liña da loita contra o COVID19.

Seguindo ese xesto de compromiso e responsabilidade, esta mesma mañá un técnico da Concellería de Medio Ambiente achegouse ao Chuac para facer entrega de 300 traxes de bucios de diferentes tallas e de 500 pantallas de protección. Deste xeito, a concellería quixo compartir a xenerosidade da que foi obxecto con aqueles profesionais que están en primeira liña da fronte de batalla contra o virus.

Ademais, esta entrega fíxose seguindo o criterio que marcou a nosa alcaldesa, Inés Rey, á hora de colaborar coas organizacións, profesionais, empresas e institucións que máis están aportando en beneficio da seguridade e da saúde de todos os coruñeses e as coruñesas. Ese mesmo criterio foi o que seguiu a concellería ao repartir entre as empresas concesionarias dos servizos esenciais dependentes de Medio Ambiente as máscaras, luvas e pantallas recibidos o pasado venres procedentes directamente de Alcaldía.

A %d blogueros les gusta esto: